Publicidade Radiofusion
Praza do Concello s/n 15500 Fene (A Coruña) Galiza Tfno. 981 492 773 - Fax 981 492 772
Fai de Radiofusión a túa páxina de inicioRSS   BOLETÍN   CONTACTO
http://www.wikio.es
Envíar a Chuza

Radiofusión: A programación das Radios Municipais Galegas

Hoxe é Xoves 26 de Abril de 2018

Emisoras > Radio Eume

Información da emisora Novas da emisora

Cartaz da representación

Os bechiños invaden As Pontes

Cultura 25/03/2010
  Envía a túa opinión

Paula Carballeira, Anabell Gago e Chiqui Pereira danlle vida aos bechiños en “Bicharada”. Logo do éxito da súa última montaxe, “Boas Noites”, Berrobambán achega esta nova proposta que xa percorreu varios escenarios galegos. Poderemos ver a obra este domingo 28 de marzo, ás seis da tarde, no Cine Alovi de As Pontes. A nova montaxe desta compañía referencial no teatro infantil galego, achéganos ao mundo deses seres tan pequenos que normalmente non reparamos neles. Os seus gustos gastronómicos, as súas capacidades e mesmo que tal se levan entre eles son algúns dos misterios que resolve "Bicharada".


O alcalde Valentín Formoso presidiu a presentación do protocolo

Maior coordenación contra a violéncia de xénero

Sociedade 23/03/2010
  Envía a túa opinión

Delimitar as competencias de cada profesional. Marcar ás liñas a seguir á hora de atender a unha muller vitima de maltrato. Esas son as finalidades do Protocolo de Actuación en casos de Violencia de xénero e agresións sexuais, elaborado nos últimos meses no concello de As Pontes (A Coruña).


Medio Ambiente garante no Parlamento a calidade das augas do enchido da mina das Pontes

Sociedade 11/03/2010
  Envía a túa opinión

A presidenta de Augas de Galicia, Ethel Vázquez garantiu esta mañá a calidade das augas do enchido da mina das Pontes. Esta afirmación está baseada nos resultados dos informes presentados pola empresa Endesa, entidade responsable do enchido, correspondentes aos anos 2008 e 2009. Vázquez explicou que as analíticas dos puntos de control das augas de aporte ao lago, -o punto situado no encoro de Ribeira-, amosan unha situación normal, con valores e parámetros de calidade propios da zona. En relación aos datos dos exames doutros puntos repartidos ao longo do lago e dos humidais, os resultados arroxan os mesmos resultados de calidade.


Francisco Dasilva e Fernando Blanco esta mañá en rolda de prensa

Preocupación do BNG pola situación de esquecemento das minas galegas

Sociedade 22/02/2010
  Envía a túa opinión

Galicia atópase nunha situación de esquecemento e ninguneo polo Plan da Minería, declarou esta mañá o responsable comarcal do BNG, Francisco Dasilva. A formación nacionalista denuncia que tanto o goberno central como a Xunta de Galicia obvian a existencia das minas de As Pontes e de Cerceda aínda que estean en situación de peche.  


A MadeExpo, concentra as mellores firmas da construcción e a arquitectura

A empresa de As Pontes, Galparquet, “parla” italiano

Sociedade 31/01/2010
  Envía a túa opinión

No encontro internacional MadeExpo que se celebrará en Milán ( Italia) do 3 ao 6 de febreiro, que reúne ao sector da construcción e á arquitectura, contará nesta edición coa empresa de As Pontes Galparquet (adicada á fabricación e venda de parquet de alta calidade). Tras a gran acollida obtida en Domotex, a empresa galega continúa así co seu programa de participación en feiras europeas. Ubicarase no pavillón 3, M01, N04.

1 -2 -3 -4 -5 -6 -7 -8 -9 -10 -11 -12 -13 -14 -15 -16 -17 -18 -19 -20 -21 -22 -23 -24 -25 -26 -27 -28 -29 -30 -31 -32 -33 -34 -35 -36 -37 -38 -39 -40 -41 -42 -43 -44 -45 -46 -47 -48 -49 -50 -
Praza do Concello s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galiza - Tfno. 981 492 773 - Fax 981 492 772 Nota Legal
Actualidade Novas Axenda Podcast
Participa Fai Novas Enquisas Foros