Publicidade Radiofusion
Praza do Concello s/n 15500 Fene (A Coruña) Galiza Tfno. 981 492 773 - Fax 981 492 772
Fai de Radiofusión a túa páxina de inicioRSS   BOLETÍN   CONTACTO
http://www.wikio.es
Envíar a Chuza

Radiofusión: A programación das Radios Municipais Galegas

Hoxe é Mércores 18 de Xullo de 2018

Emisoras > Radio Allariz

Información da emisora Novas da emisora

A escritora ourensá faleceu aos 97 anos de idade (foto: La Región)

As letras galegas, tamén de loito: falece Dora Vázquez

Cultura 24/09/2010
 10 comentario/s - Envía a túa opinión

O mundo da cultura galega está de loito polo pasamento de Dora Vázquez (1913-2010) o pasado xoves aos 97 anos de idade, e será enterrada este sábado, no cemiterio de San Francisco de Ourense, informa a Asociación de Escrtitores en Lingua Galega. Foi autora de varios libros de poesía xunto á súa irmá, a tamén falecida Pura Vázquez, como As Pontes do Amor e de numerosos libros de literatura infantil. Así mesmo, a escritora comezou a súa actividade literaria moi nova con La Noche, no ano 1948 e Vida Gallega. De feito, durante a súa traxectoria profesional recibiu varios premios en certames de xogos florais, de vilancicos e sobre todo, de poesía, e algúns deles de carácter estatal.


Cartaz do evento

Pola normalización da homosexualidade no rural galego

Sociedade 17/09/2010
  Envía a túa opinión

Rachar cos estereótipos da homosexualidade e extender a normalidade desta realidade nas aldeas e nos núcleos rurais máis pequenos. Con esta finalidade celébrase mañá, en Castrelo de Miño (Ourense), o II Xantar Popular pola Visibilidade Homosexual no Rural. O acto, aberto a todos os cidadáns, está organizado pola secretaría de Igualdade, Emigración e Movementos Sociais da Executiva Nacional Galega da que é titular Laura Seara, pola secretaría de Movementos Sociais provincial, Marta González, e o coordinador do Grupo do PSdeG de LGTB (Lesbianas, Gais, Transexuais e Bisexuais), Fito Ferreiro. Comezará ás 13.30 horas co pregón a cargo de Seara. Consistirá nun acto moi sinxelo, un punto de reunión para falar pero tamén para celebrar con xogos variados e a actuación dunha drag queen.


O Reperkusion 2010 ofrecerá música, circo, danza, teatro, pasarrúas e artesanía do 17 ao 19 de setembro

Esta fin de semana “Galicia ao vivo” continúa co “Reperkusión” en Allariz

Sociedade 14/09/2010
  Envía a túa opinión

O ciclo “Galicia ao Vivo”, que se inclúe dentro da programación do Camiño da Música de Xacobeo 2010, continúa coa súa programación coa celebración do festival “Reperkusión”, que se celebrará desde o vindeiro 17 ao 19 de setembro no concello ourensán de Allariz. Música, circo, danza, teatro, pasarrúas ou artesanía, son algunhas das propostas que achega o programa deste festival, que este ano chega a súa oitava edición, como un punto de encontro multidisciplinar e de mestizaxe cultural que é xa unha cita de referencia na recta final do verán galego.


Ourense acolle o único concerto de Leonard Cohen en España

Cultura 11/09/2010
  Envía a túa opinión

Só dez días antes de cumprir 76 anos, Leonard Cohen ofrece mañá domingo un concerto en Ourense. O poeta, novelista e cantautor canadense repasará os temas do seu último disco Live In London, un percorrido polas cancións que marcaron os seus 40 anos de carreira e que foi gravado en directo en xullo de 2008 en Londres, no seu retorno aos escenarios despois de 15 anos.


Allariz acolle o VIII Mercado de Artesanía Arte de Man

Sociedade 09/09/2010
  Envía a túa opinión

A Cámara de Comercio de Ourense acolleu esta mañá a presentación da oitava edición do Mercado de Artesanía Arte de Man que organizan conxuntamente o Concello de Allariz e a Asociación de Artesáns de Allariz. O vindeiro domingo 12 de setembro celebrarase esta cita no casco histórico da vila, concretamente na Praza Maior e na Praza de Abaixo, un proxecto que nacía no ano 2003 “froito do traballo conxunto, entre o Concello e os artesáns alaricanos, de recuperación etnográfica e dos oficios perdidos para promocionar a actividade artesanal” sinalaba Cristina Cid, Concelleira de Promoción Económica.

1 -2 -3 -4 -5 -6 -7 -8 -9 -10 -11 -12 -13 -14 -15 -16 -17 -18 -19 -20 -21 -22 -23 -24 -25 -26 -27 -28 -29 -30 -31 -32 -33 -34 -35 -36 -37 -38 -39 -40 -41 -42 -43 -44 -45 -46 -47 -48 -49 -50 -51 -52 -53 -54 -55 -56 -57 -58 -59 -60 -61 -62 -63 -64 -65 -66 -67 -68 -69 -70 -71 -72 -73 -74 -75 -76 -77 -78 -79 -80 -81 -82 -
Praza do Concello s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galiza - Tfno. 981 492 773 - Fax 981 492 772 Nota Legal
Actualidade Novas Axenda Podcast
Participa Fai Novas Enquisas Foros