Publicidade Radiofusión
Praza do Concello s/n 15500 Fene (A Coruña) Galiza Tfno. 981 492 773 - Fax 981 492 772
Fai de Radiofusión a túa páxina de inicioRSS   BOLETÍN   CONTACTO
http://www.wikio.es
Envíar a Chuza

Radiofusión: A programación das Radios Municipais Galegas

Hoxe é Luns 22 de Xaneiro de 2018

Emisoras > Radio Redondela

Información da emisora Novas da emisora

Vinilo que forma parte da mostra

HUM de Massimo Bartolini, no Marco de Vigo ata o 19 de maio

Sociedade 04/03/2013
  Envía a túa opinión

HUM, de Massimo Bartolini (Cecina, Italia, 1962) é unha mostra comisariada por Anna Cestelli Guidi e producida pola Fondazione Musica per Roma, no contexto dun programa expositivo dedicado á arte sonora. A exposición de Bartolini rende homenaxe ao músico canadense Glenn Gould (1932-1982), e inclúe dúas instalacións sonoras —HUM, e Singing North— construídas a partir de dúas pezas de Gould: as vogalizacións ou tarareos [humming] do músico canadense na súa segunda gravación das Variacións Goldberg de Bach (1981); e o texto radiofónico The Idea of North (1967), un programa de entrevistas producido por Gould sobre o concepto xeográfico —e filosófico— do norte.


Clark Gable, o que mellor bicaba en pantalla

Un bico de película

Sociedade 18/02/2013
  Envía a túa opinión

O Centro Comercial Aberto Centro Príncipe puxo en marcha o concurso de fotografía 'Bicos de película', no que até o próximo 28 de febreiro os interesados-as poderán enviar unha foto recollendo un bico famoso da historia do cinema. Só se admitirá unha foto por participante e haberá dous premios: o primeiro, unha noite de hotel para dúas persoas no Talaso Atlántico de Oia; o segundo, unha cea para dúas no restaurante O Recuncho de Gurpegui. Para participar terán que enviar a súa instantánea xunto cun fotograma do bico que se imita, a concursos@centroprincipe.com, indicando o título da fotografía, nome e apelidos, data de nacemento, DNI ou pasaporte, teléfono de contacto e correo electrónico.


Portada da publicación

Xeórxicas do pan de Otero Pedrayo

Sociedade 14/02/2013
  Envía a túa opinión

O vindeiro 15 de febreiro de 2013, na Casa Galega da Cultura (Praza da Princesa, 2. Vigo), ás 19:00, presentarase o libro XEÓRXICAS DO PAN, de Ramón Otero Pedrayo. Intervirán Francisco Domínguez (Director da Fundación Penzol), Manuel Forcadela e Silvia Penas do Equipo de Investigación da Universidade de Vigo, Víctor F. Freixanes, Director de Editorial Galaxia, Ernesto Pedrosa (Presidente do Consello Social da Universidade de Vigo) e Alfonso Zulueta de Haz, Presidente da Fundación Penzol.


Cartaz da Mesa de traballo Ensamblaxe.

A Fundación Laxeiro presenta Ensamblaxe e colaxe en Galicia

Sociedade 31/01/2013
  Envía a túa opinión

Ensamblaxe e colaxe en Galicia propón unha mirada ao estado da cuestión nun tempo concreto (os últimos quince anos) e nun espazo concreto (Galicia), a través de quince creadores sen un especial vínculo entre eles que, sen embargo, como diciamos antes, coinciden en non poucos achados, solucións, procesos e recursos, conservando a súa singularidade e, conformando no seu conxunto, a particular mesa de traballo que a Fundación Laxeiro presenta nesta mostra.


O escritor Francisco Castro

Leonardo e Verne, soñadores do futuro

Sociedade 28/01/2013
  Envía a túa opinión

O martes 29 de xaneiro e como actividade complementaria ao certame Inspiraciencia, promovido polo Consello Superior de Investigacións Científicas (CSIC), terá lugar en Vigo a charla “Leonardo e Verne, soñadores do futuro”, impartida polo escritor Francisco Castro. A conferencia enmárcase no ciclo de charlas “INSPIRACIENCIA Pasados, presentes e futuros da ciencia na literatura”, organizadas polo CSIC coa colaboración de diversas entidades en diferentes cidades de España, no marco do certame Inspiraciencia, entre outras, a Editorial Galaxia.

1 -2 -3 -4 -5 -6 -7 -8 -9 -10 -11 -12 -13 -14 -15 -16 -17 -18 -19 -20 -21 -22 -23 -24 -25 -26 -27 -28 -29 -30 -31 -32 -33 -34 -35 -36 -37 -38 -39 -40 -41 -42 -43 -44 -45 -46 -47 -48 -49 -50 -51 -52 -53 -54 -55 -56 -57 -58 -59 -60 -61 -62 -63 -64 -65 -66 -67 -68 -69 -70 -71 -72 -73 -74 -75 -76 -77 -78 -79 -80 -81 -82 -83 -84 -85 -86 -87 -88 -89 -90 -91 -92 -93 -94 -95 -96 -97 -98 -99 -100 -101 -102 -103 -104 -105 -106 -107 -108 -109 -110 -111 -112 -113 -114 -115 -116 -117 -118 -119 -120 -121 -122 -123 -124 -125 -126 -127 -128 -129 -130 -131 -132 -133 -134 -135 -136 -137 -138 -139 -140 -141 -142 -143 -144 -145 -146 -147 -148 -149 -150 -151 -152 -153 -154 -155 -156 -157 -158 -159 -160 -161 -162 -163 -
Praza do Concello s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galiza - Tfno. 981 492 773 - Fax 981 492 772 Nota Legal
Actualidade Novas Axenda Podcast
Participa Fai Novas Enquisas Foros