Publicidade Radiofusion
Praza do Concello s/n 15500 Fene (A Coruña) Galiza Tfno. 981 492 773 - Fax 981 492 772
Fai de Radiofusión a túa páxina de inicioRSS   BOLETÍN   CONTACTO
http://www.wikio.es
Envíar a Chuza

Radiofusión: A programación das Radios Municipais Galegas

Hoxe é Martes 17 de Xullo de 2018

Emisoras > Radio Neria

Información da emisora Novas da emisora

O importe das axudas ascende a 30 millóns de euros

Mar convoca axudas para o sector transformador e comercializador

Institucional 30/12/2010
  Envía a túa opinión

A Consellería do Mar pretende, unha vez máis, dar un impulso ás empresas que invistan en transformación e comercialización en Galicia con axudas por importe de 30 millóns de euros en total para o sector transformador e comercializador. O departamento que dirixe Rosa Quintana  persegue, a través da orde que hoxe publica o Diario Oficial de Galicia, potenciar a competitividade no sector procesador galego, promovendo así o desenvolvemento económico, social e produtivo da nosa comunidade. En pleno contexto de crise, a Xunta fixo un esforzo para adiantar a publicación da convocatoria no mes de decembro, co obxectivo de axilizar as resolucións e que as empresas poidan dispór das axudas o antes posible.


O presidente de Jealsa-Rianxeira, Jesús Alonso Fernández

Continúa a controversia arredor das declaracións do presidente de Jealsa-Rianxeira

Institucional 30/12/2010
  Envía a túa opinión

Diante das declaracións e discurso do presidente de Jealsa-Rianxeira durante a festa cos traballadores das súas empresas así como a publicación do mesmo en varios medios escritos, donde pola sua parte se verten diversas acusacións e descalificacións os membros do goberno municipal de Boiro, con relación o trato recibido cara as súas empresas, a agrupación socialista de Boiro sae ao fío desta polémica con certas puntualizacións.


Camelle achega a visión máis persoal de Man no seu oitavo cabodano

Cultura 28/12/2010
  Envía a túa opinión

A Casa da Cultura de Camelle acolle ás sete e media desta tarde a estrea do documental Man, home sen paz. Un filme de 72 minutos de duración, dirixido por Simón Vázquez e con guión de David Formoso, que nos achega unha tripla visión de Manfred Gnädinger: o que opinaban del amigos e veciños, o que pensan da súa obra expertos en arte (Juan Creus, Antón Castro, Antón Sobral, Carmen Hermo....) e, o máis importante, a visión que o propio Alemán tiña del mesmo e da súa obra e que aparece reflectida nos centos de escritos e fotografías que deixou no rocho da súa casa. Man chegou a Camariñas no ano 1962 e falecía o 28 de decembro de 2002, vendo como o chapapote do Prestige cubría o seu singular museo natural.


Manuel Antelo e Rosana Pérez na presentación da web municipal

O BNG presenta a súa web municipal

Sociedade 27/12/2010
  Envía a túa opinión

Unha forma de achegar a política municipal á cidadanía galega, así foi presentada a páxina web que o BNG destinará aos concellos. Esta páxina pretende transmitir o proxecto nacional que hai detrás das políticas locais da formación, incorporar o traballo en rede aos seus grupos municipais, dar a coñecer as súas accións e iniciativas e promover as boas prácticas políticas e valores como a transparencia.


Jealsa en Boiro (A Coruña). Fotografía: http://certo.gl

Acusan a Alonso de condicionar aos seus empregados para que voten ao PP

Institucional 27/12/2010
 18 comentario/s - Envía a túa opinión

Na tradicional festa de nadal do grupo Jealsa-Rianxeira, o seu presidente, Jesús Manuel Alonso, fixo un discurso cun marcado carácter político xa que argumentou que «economía e política van intimamente ligadas». Ao fío deste argumento, falou do gobierno municipal e anunciou que que se irá de Boiro se o bipartito formado por BNG e PSOE repite ao frente do Concello nas vindeiras eleccións municipais. Jealsa pechará este ano con 400 millóns de euros de vendas e 3.500 empregados en factorías conserveiras repartidas en diferentes paises.

1 -2 -3 -4 -5 -6 -7 -8 -9 -10 -11 -12 -13 -14 -15 -16 -17 -18 -19 -20 -21 -22 -23 -24 -25 -26 -27 -28 -29 -30 -31 -32 -33 -34 -35 -36 -37 -38 -39 -40 -41 -42 -43 -44 -45 -46 -47 -48 -49 -50 -51 -52 -53 -54 -55 -56 -57 -58 -59 -60 -61 -
Praza do Concello s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galiza - Tfno. 981 492 773 - Fax 981 492 772 Nota Legal
Actualidade Novas Axenda Podcast
Participa Fai Novas Enquisas Foros