Publicidade Radiofusion
Praza do Concello s/n 15500 Fene (A Coruña) Galiza Tfno. 981 492 773 - Fax 981 492 772
Fai de Radiofusión a túa páxina de inicioRSS   BOLETÍN   CONTACTO
http://www.wikio.es
Envíar a Chuza

Radiofusión: A programación das Radios Municipais Galegas

Hoxe é Martes 24 de Abril de 2018

Emisoras > Radio Arzúa

Información da emisora Novas da emisora

Arzúa permanecerá sen subministro de auga potable o xoves

Sociedade 21/06/2010
  Envía a túa opinión

O Concello de Arzúa anunciou esta mañá que o vindeiro xoves, día 24 de xuño, o subministro de auga potable aos domicilios de Arzúa permanecerá cortado dende as 9 da mañá e ata aproximadamente as 19 horas dese mesmo día, con motivo das obras de acondicionamento da Rúa do Viso. O portavoz municipal do goberno, Leonardo Bermúdez, quixo facer público este aviso con antelación suficiente para que os veciños de Arzúa sexan coñecedores, canto antes, do corte do servizo e poidan tomar as medidas que precisen para que a xornada transcorra coa maior normalidade posible.



Ignacio Codesido é alcalde de Touro

Accidente mortal esta madrugada en Touro

Sociedade 21/06/2010
  Envía a túa opinión

O condutor dun turismo faleceu hoxe nun accidente de tráfico rexistrado no termo municipal de Touro (A Coruña) ao saírse da vía o vehículo no que circulaba e envorcar sobre a calzada. Segundo a información facilitada pola Garda Civil de Tráfico da Coruña, o sinistro ocorreu sobre as 4.30 horas no quilómetro 1,700 dunha estrada local que une Touro e Fao.


O LITVI trae a 60 autores de literatura de viaxes a Compostela

Cultura 20/06/2010
  Envía a túa opinión

O Encontro Internacional de Literatura de Viaxes, o LITVI 2010, arrinca hoxe en Santiago e prolongarase ata o vindeiro domingo.Unha aposta por afondar en todos os eidos que forman e rodean a este xénero literario, de xeito gratuíto e libre para os asistentes. Os lectores e interesados mesturaranse con escritores, libreiros, xornalistas, editores, axentes literarios, críticos e, en xeral, cos distintos profesionais do sector. O programa está formado por cafés con autores para lectores; o Congreso LITVI 2010 “As Literaturas do Camiño”; o menú de conferencias, debates e mesas redondas; as sinaturas e presentacións de libros; a Feira do Libro de Viaxes; e as actividades de animación que terán lugar na Alameda.


Xogarzúa contribuirá á conciliación familiar nunha trintena de familias

Sociedade 16/06/2010
  Envía a túa opinión

A Concellería de Benestar Social de Arzúa fará pública mañá a lista de admitidos no programa de conciliación familiar denominado Xogarzúa. O listado poderase consultar no taboeiro de anuncios situado no baixo da Casa Consistorial. Esta nova edición do programa de conciliación da vida persoal, familiar e laboral comezará o vindeiro 28 de xuño e rematará o día 3 do próximo mes de setembro. Xogarzúa é unha iniciativa pioneira do Concello de Arzúa baseada nunha política clara de igualdade de oportunidades entre mulleres e homes. O programa está destinado a ocupar o tempo de ocio dos nenos e nenas con servizos e persoal autorizado, fóra do horario lectivo e durante o período vacacional. Nesta ocasión terá lugar durante os meses de verán e en horario de 9.30 ás 14 horas.



Os arzuáns deberán deixar constancia no Concello das fogueiras de San Xoán

Institucional 14/06/2010
  Envía a túa opinión

O Concello de Arzúa xa ten aberto o prazo para que as persoas que vaian facer unha fogueira na máxica noite de San Xoán, o próximo día 23 de xuño, deixen os seus datos nas oficinas da Secretaría de Alcaldía co fin de elaborar unha relación das luminarias que se farán nesa data; as persoas que se inscriban recibirán ademais as instrucións coas normas de seguridade e prevención para o bo desenvolvemento das fogueiras.


1 -2 -3 -4 -5 -6 -7 -8 -9 -10 -11 -12 -13 -14 -15 -16 -17 -18 -19 -20 -21 -22 -23 -24 -25 -26 -27 -28 -29 -30 -31 -32 -33 -34 -35 -36 -37 -38 -39 -40 -41 -42 -43 -44 -45 -46 -47 -48 -49 -50 -51 -52 -53 -54 -55 -56 -57 -58 -59 -
Praza do Concello s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galiza - Tfno. 981 492 773 - Fax 981 492 772 Nota Legal
Actualidade Novas Axenda Podcast
Participa Fai Novas Enquisas Foros