Publicidade Radiofusion
Praza do Concello s/n 15500 Fene (A Coruña) Galiza Tfno. 981 492 773 - Fax 981 492 772
Fai de Radiofusión a túa páxina de inicioRSS   BOLETÍN   CONTACTO
http://www.wikio.es
Envíar a Chuza

Radiofusión: A programación das Radios Municipais Galegas

Hoxe é Martes 24 de Abril de 2018

Emisoras > Radio Culleredo

Información da emisora Novas da emisora

Descenso ao Xalo

Éxito de público e organización no Descenso ao Xalo

Deportes 29/04/2012
  Envía a túa opinión

Carlos Diaz Rozamontes, do School Riders Team, alzouse coa primeira posición na élite do Descenso ao Xalo, Open Galicia BTT, celebrado esta mañá no Monte Xalo en Culleredo, organizado pola asociación Castelo Deporte. Antonio Ferreiro de Lanzalia Bike Club, gañou na categoría Sub-23, e Iago Ferradás do Lambespiñas venceu na categoría cadete.


Alita Cómics celebra o seu décimo aniversario editando “In Memorian”

Castelao e Tezuka atópanse nas páxinas dun cómic

Cultura 29/04/2012
  Envía a túa opinión

Coincidindo co seu décimo aniversario, Alita Cómics decidiu editar a súa primeira banda deseñada, In Memorian. Trátase dun traballo no que Kike Benlloch (guión) e Alfonso V. Rey (debuxo) exploran un encontro imaxinario entre Alfonso Daniel Rodríguez Castelao e Osamu Tezuka. O debuxante e político galego e o “pai do manga” reúnense nas páxinas desta obra sobre o pano de fondo das mudanzas que a finais dos anos 40 se produciron no eido da banda deseñada.


As intoxicacións etílicas reducíronse un 11% en Galicia en 2011

Os menores sancionados por consumo de alcol poderán cambiar a multa por horas de traballo comunitario

Sociedade 15/04/2012
  Envía a túa opinión

A Xunta avanza a próxima publicación dunha orde pola cal os menores sancionados por beber alcol poderán substituír o pago da multa por horas de traballo en programas preventivos de carácter formativo. Deste xeito, se a sanción habitual rolda os 600 euros en metálico, o menor multado deberá realizar unhas 25 horas de traballo para saldar a súa débeda. Así, tras asistir a unha entrevista persoal, elaborarase un informe no que se ditaminarán as actividades a seguir.


CGT asegura que o Avant non conta cos niveis de ocupación desexados

CGT pide a Renfe unha baixa de prezos e unha modificación de horarios no Avant

Sociedade 08/04/2012
  Envía a túa opinión

O sindicato CGT púxose en contacto cos novos responsables de Renfe para demandarlles unha revisión de prezos e horarios do Avant galego entre Ourense e A Coruña. O sindicato ferroviario sinala que tras case catro meses de funcionamento do servizo Avant non se alcanzaron os niveis de ocupación desexados en relación ao investimento feito. Por iso, nunha carta dirixida á dirección de viaxeiros de Renfe, destácase a necesidade de reconsiderar as tarifas que se están aplicando, mellorar os horarios e conexións con outras liñas de tren, como o eixo atlántico, e que se teñan en conta as demandas de colectivos cidadáns, que reclaman trens acordes cos seus horarios de traballo.


A do filósofo-médico José Varela de Montes é unha das primeiras fichas do Álbum da Ciencia

Os científicos tamén fixeron país

Sociedade 06/04/2012
  Envía a túa opinión

O proxecto do “Álbum da Ciencia” encaixa no que o Consello da Cultura Galega entende que debe ser a cultura científica e “ven cubrir evidentes déficits no coñecemento dese ámbito fronte á cultura humanística”. Así o definiu Francisco Díaz-Fierros, vicepresidente da institución e coordinador da Sección “Ciencia, natureza e sociedade”. O proxecto, presentouno o seu director Xosé Antonio Fraga Vázquez, que deu conta en Radiofusión das xa consultables primeiras vinte biografías, resultado do traballo dun equipo de 23 especialistas, que irán incorporando outras achegas ata acadar as trescentas biografías.

1 -2 -3 -4 -5 -6 -7 -8 -9 -10 -11 -12 -13 -14 -15 -16 -17 -18 -19 -20 -21 -22 -23 -24 -25 -26 -27 -28 -29 -30 -31 -32 -33 -34 -35 -36 -37 -38 -39 -40 -41 -42 -43 -44 -45 -46 -47 -48 -49 -50 -51 -52 -53 -54 -55 -56 -57 -58 -59 -60 -61 -62 -63 -64 -65 -66 -67 -68 -69 -70 -71 -72 -73 -74 -75 -76 -77 -78 -79 -80 -81 -82 -83 -84 -85 -86 -87 -88 -89 -90 -91 -92 -93 -94 -95 -96 -97 -98 -
Praza do Concello s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galiza - Tfno. 981 492 773 - Fax 981 492 772 Nota Legal
Actualidade Novas Axenda Podcast
Participa Fai Novas Enquisas Foros