Envía a túa opinión
O Concello de Fene devolveu á Deputación da Coruña preto de 8000 euros procedentes dunha subvención para equipamento do Museo do Humor, segundo denuncia o Bloque Nacionalista Galego.
Envía a túa opinión
Chegan as primeiras festas do ano na comarca. En Caamouco celébrase o san Vicente nesta fin de semana, con bolas e o grupo los Zares. En San Valentín, o cartel reúne á primeira liña das orquestras galegas: Olympus, Panamá, París de Noia e Foliada.
Envía a túa opinión
Un dos espectáculos máis relevantes do teatro galego en 2010, “Un cranio furado”, comeza mañá en Narón a súa extensa xira 2011. A obra dirixida por Quico Cadaval represéntase mañá venres, ás 20:30h e o sábado ás 20:00h, no Pazo da Cultura naronés. Despois de Narón, a peza teatral visitará no primeiro semestre Muros, O Barco, A Coruña, Pontevedra, Burela, Redondela, Ortigueira, A Estrada, Tui, Milladorio, Oleiros, Vilagarcía e Ferrol.
Envía a túa opinión
O alcalde, Vicente Irisarri, inaugurará mañá venres ás 19.30 horas na Casa da Muller a primeira exposición deste 2011, unha mostra de pintura e obxectos de coiro realizados mediante a técnica do repuxado por Fina Taibo. Taibo imparte semanalmente un obradoiro nestas instalacións municipais.
Envía a túa opinión
A sala de exposicións da Casa da Xuventude de Ares (praza da Constitución) acollerá entre o martes 25 e o 7 de febreiro a mostra “Hermanos Mayo. La Guerra Civil Española”. Trátase dunha exposición de carácter itinerante organizada pola Deputación Provincial, coa colaboración do Ministerio de Cultura, que chega á vila aresana despois de percorrer algún dos municipios de A Coruña.