Publicidade Radiofusión
Praza do Concello s/n 15500 Fene (A Coruña) Galiza Tfno. 981 492 773 - Fax 981 492 772
Fai de Radiofusión a túa páxina de inicioRSS   BOLETÍN   CONTACTO
http://www.wikio.es
Envíar a Chuza

Radiofusión: A programación das Radios Municipais Galegas

Hoxe é Martes 23 de Xaneiro de 2018

Emisoras > Radio Eume

Información da emisora Novas da emisora

A neve dificulta a circulación por moitas estradas de A Coruña e Lugo

110 incidencias en Galicia polo xeo e a neve

Sociedade 07/01/2010
  Envía a túa opinión

O Centro de Atención ás Emerxencias-112 xestionou até as 19.00 horas de hoxe máis de 110 incidencias provocadas polo xeo e a neve que proliferaron, ao longo do día, en toda a xeografía galega e con especial intensidade nas provincias da Coruña e Lugo. En concreto, o 112 rexistrou 52 incidencias por xeo e outras 59 por neve. Ademais, rexistráronse un total de 38 accidentes na estrada que, en boa parte dos casos, foron provocados, precisamente, polas malas condicións derivadas da situación meteorolóxica, con placas de xeo e neve en numerosas vías.


A neve pode chegar a bloquear estradas nas zonas montañosas

Neve a 200 metros de altitude na Coruña e Lugo

Sociedade 06/01/2010
  Envía a túa opinión

A Xunta de Galicia decretou a alerta laranxa desde as 12 desta noite, diante da onda de frío que anuncian os pronósticos meteorolóxicos. Aconsellan asimesmo evitar as viaxes sempre que non sexan imprescindibeis. O Ministerio de Fomento desplegou toda unha serie de medidas para garantir o transporte por estrada e por ferrocarril.


As xornadas retomaranse o 15 de xaneiro de 2010

As Pontes aposta por un consumo responsable

Sociedade 09/12/2009
  Envía a túa opinión

O Concello de As Pontes, a través da concellería de Servizos Sociais e o Centro de Información á Muller (CIM), e en colaboura co Servizo Galego de Igualdade, ofrecerá este venres un obradoiro de consumo responsable dirixido ao público feminino, que se suma ao taller xa desenvolvido o pasado mes sobre musicoterapia e que acadou unha gran participación veciñal. A iniciativa que forma parte do plan de actividades da Xunta de Galicia en prol do incremento da participación social  e cultural da muller e do fomento da igualdade de xénero, desenvolverase de catro e media a oito e media do serán.


A vila pontesa inaugura unha escola taller

As Pontes crea emprego

Institucional 04/12/2009
  Envía a túa opinión

41 veciños do concello de As Pontes terán un emprego por un período dun ano coa posta en marcha da nova escola taller Fontelimpa. Os alumnos formaránse en campos como a xardinería, albanelería e carpintería para recuperar a escola unitaria de Ribadeume e a casa de peóns camineiros de Aparral. Este proxecto, que se desenvolverá no torreón do Conservatorio Municipal de As Pontes, no que se refire á parte teórica, suporá unha inversión de case un millón de euros dos que 699.850 euros serán aportados pola Xunta de Galicia e 220.000 euros procederán das arcas municipais.


Cartaz das xornadas

As Pontes súmase á loita contra a violencia de xénero

Sociedade 24/11/2009
  Envía a túa opinión

Co gallo do Día Internacional para a Eliminación da Violencia de Xénero, que se celebra mañá mércores 25 de novembro, o Concello de As Pontes desenvolverá un longo programa de actividades. Xornadas adicadas a esta lacra social, charlas nos centros de ensino ou obradoiros forman parte dos actos programados para concienciar e sensibilizar aos ponteses e pontesas, incluido os máis novos, as xeracións futuras. 

1 -2 -3 -4 -5 -6 -7 -8 -9 -10 -11 -12 -13 -14 -15 -16 -17 -18 -19 -20 -21 -22 -23 -24 -25 -26 -27 -28 -29 -30 -31 -32 -33 -34 -35 -36 -37 -38 -39 -40 -41 -42 -43 -44 -45 -46 -47 -48 -49 -
Praza do Concello s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galiza - Tfno. 981 492 773 - Fax 981 492 772 Nota Legal
Actualidade Novas Axenda Podcast
Participa Fai Novas Enquisas Foros