Publicidade Radiofusion
Praza do Concello s/n 15500 Fene (A Coruña) Galiza Tfno. 981 492 773 - Fax 981 492 772
Fai de Radiofusión a túa páxina de inicioRSS   BOLETÍN   CONTACTO
http://www.wikio.es
Envíar a Chuza

Radiofusión: A programación das Radios Municipais Galegas

Hoxe é Mércores 18 de Xullo de 2018

Emisoras > Radio Redondela

Información da emisora Novas da emisora

Fotografía publicada en El Pais

As fotografías de vacacións, todo un xénero

Sociedade 01/04/2013
  Envía a túa opinión

Comeza o mes de abril e moitos afortunados por partida dobre, por ter traballo e por ter folgado, retornan dos seus días de descanso.  Aínda a estas alturas non terán revelado as instantáneas das súas viaxes ou xornadas de retiro. E é que as fotografías de vacacións constitúen un xénero en si mesmo. Poida que un dos máis terribles de entre os sucedáneos da arte popular. Cada día millóns de persoas retratámonos como pioneiros diante de monumentos singulares replicados até o infinito, como facendo ver que a) a Torre de Pisa segue alí no sitio de sempre; ou b) que de non ser por nós, se cadra non seguiría.


Foto galardoada co primeiro premio

Bicos de película, bicos de premio

Sociedade 20/03/2013
  Envía a túa opinión

O centro comercial aberto Centro Príncipe acaba de entregar os premios do concurso de fotografía Bicos de Película, un certame co que se pretendía dar unha visión distinta do tradicional Día de San Valentín a través das imaxes máis emblemáticas e románticas da historia do cinema. O xurado decidiu outorgarlle o primeiro premio á foto "Del vao a la eternidad", de Patricia Pedrido, mentres que "Siempre nos quedará Vigo", de Laura Sampedro, levouse o segundo premio.


O Festival celébrase até o día 16 en Compostela

Narradores das dúas beiras do océano conflúen no Festival Atlántica de Narración Oral

Cultura 05/03/2013
  Envía a túa opinión

“Hai unha maneira atlántica de contar os contos”. Quen o asegura naceu no Uruguai e cruzou o océano para atopar sensibilidades semellantes e “os mellores narradores do mundo” neste recanto do planeta. “Todos os participantes nos festivais din que os mellores están aquí”, explica Soledad Felloza sobre o talento dos contacontos galegos. Ele á directora do Festival Internacional de Narración Oral Atlántica que se celebra en Santiago de Compostela dende hoxe e até o día 16, concentrando a intérpretes de historias chegados de diversos territorios en máis de medio cento de eventos que inclúen espectáculos, mais tamén obradoiros ou seminarios. O escritor e xornalista Manuel Rivas inaugura o Atlántica 2013 ás sete desta tarde cunha conferencia no Consello da Cultura Galega.


Vinilo que forma parte da mostra

HUM de Massimo Bartolini, no Marco de Vigo ata o 19 de maio

Sociedade 04/03/2013
  Envía a túa opinión

HUM, de Massimo Bartolini (Cecina, Italia, 1962) é unha mostra comisariada por Anna Cestelli Guidi e producida pola Fondazione Musica per Roma, no contexto dun programa expositivo dedicado á arte sonora. A exposición de Bartolini rende homenaxe ao músico canadense Glenn Gould (1932-1982), e inclúe dúas instalacións sonoras —HUM, e Singing North— construídas a partir de dúas pezas de Gould: as vogalizacións ou tarareos [humming] do músico canadense na súa segunda gravación das Variacións Goldberg de Bach (1981); e o texto radiofónico The Idea of North (1967), un programa de entrevistas producido por Gould sobre o concepto xeográfico —e filosófico— do norte.


Clark Gable, o que mellor bicaba en pantalla

Un bico de película

Sociedade 18/02/2013
  Envía a túa opinión

O Centro Comercial Aberto Centro Príncipe puxo en marcha o concurso de fotografía 'Bicos de película', no que até o próximo 28 de febreiro os interesados-as poderán enviar unha foto recollendo un bico famoso da historia do cinema. Só se admitirá unha foto por participante e haberá dous premios: o primeiro, unha noite de hotel para dúas persoas no Talaso Atlántico de Oia; o segundo, unha cea para dúas no restaurante O Recuncho de Gurpegui. Para participar terán que enviar a súa instantánea xunto cun fotograma do bico que se imita, a concursos@centroprincipe.com, indicando o título da fotografía, nome e apelidos, data de nacemento, DNI ou pasaporte, teléfono de contacto e correo electrónico.

1 -2 -3 -4 -5 -6 -7 -8 -9 -10 -11 -12 -13 -14 -15 -16 -17 -18 -19 -20 -21 -22 -23 -24 -25 -26 -27 -28 -29 -30 -31 -32 -33 -34 -35 -36 -37 -38 -39 -40 -41 -42 -43 -44 -45 -46 -47 -48 -49 -50 -51 -52 -53 -54 -55 -56 -57 -58 -59 -60 -61 -62 -63 -64 -65 -66 -67 -68 -69 -70 -71 -72 -73 -74 -75 -76 -77 -78 -79 -80 -81 -82 -83 -84 -85 -86 -87 -88 -89 -90 -91 -92 -93 -94 -95 -96 -97 -98 -99 -100 -101 -102 -103 -104 -105 -106 -107 -108 -109 -110 -111 -112 -113 -114 -115 -116 -117 -118 -119 -120 -121 -122 -123 -124 -125 -126 -127 -128 -129 -130 -131 -132 -133 -134 -135 -136 -137 -138 -139 -140 -141 -142 -143 -144 -145 -146 -147 -148 -149 -150 -151 -152 -153 -154 -155 -156 -157 -158 -159 -160 -161 -162 -163 -164 -165 -
Praza do Concello s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galiza - Tfno. 981 492 773 - Fax 981 492 772 Nota Legal
Actualidade Novas Axenda Podcast
Participa Fai Novas Enquisas Foros