Publicidade Radiofusion
Praza do Concello s/n 15500 Fene (A Coruña) Galiza Tfno. 981 492 773 - Fax 981 492 772
Fai de Radiofusión a túa páxina de inicioRSS   BOLETÍN   CONTACTO
http://www.wikio.es
Envíar a Chuza

Radiofusión: A programación das Radios Municipais Galegas

Hoxe é Luns 18 de Xuño de 2018

Emisoras > Radio Neria

Información da emisora Novas da emisora

Boiro é a única localidade galega recoñecida con este galardón

Boiro recibe o distintivo “Ciudad de la Ciencia y de la Innovación”

Sociedade 23/12/2010
  Envía a túa opinión

O goberno de Boiro quere manifestar a súa satisfacción pola concesión do distintivo “Ciudad de la Ciencia y de la Innovación” por parte do Ministerio de Ciencia e Innovación, un premio que ven a reafirmar a aposta do goberno de Boiro polas políticas activas de fomento do emprego. A distinción vén, igualmente, a pór de manifesto a oportunidade e acerto do goberno local á hora de decidir investir parte do orzamento do Fondo Estatal para el Empleo y la Sostenibilidad Local nun proxecto, o centro de formación e viveiro de empresas, que ten como obxectivo prioritario potenciar, mediante medios técnicos, asesoramento e infraestruturas, ás iniciativas de emprego e proxectos empresariais que se poñan en marcha na localidade, sobre todo nos primeiros anos, os máis difíciles, da súa andadura.


O mandatario nacionalista repetirá como cabeza de cartel nas vindeiras eleccións municipais

Xosé Deira continuará ao temón do BNG

Institucional 22/12/2010
  Envía a túa opinión

A asemblea do BNG de Boiro confía unha vez máis en Xosé Deira para encabezar o proxecto do nacionalismo en Boiro. Ademais a asemblea valorou moi positivamente o traballo desempregado tanto polo alcalde como pola actual equipa de goberno e agarda incrementar os apoios da cidadanía para conseguir ser o partido máis votado do concello, posto que nos anteriores comicios se quedou a tan só 12 votos dese obxectivo. O BNG parte coas mellores expectativas de goberno, neste caso.


O Alcalde, Xosé Deira Triñanes, asistiu onte á comisión na que se aprobaron as actuacións

Patrimonio autoriza as primeiras intervencións de restauración no Pazo e a finca de Goiáns

Cultura 22/12/2010
  Envía a túa opinión

A Comisión Territorial do Patrimonio Histórico Galego da Coruña, dependente da Consellería de Cultura e Turismo, aprobou onte martes, nunha sesión á que asistiu o Alcalde de Boiro, D. Xosé Deira Triñanes, as primeiras intervencións de restauración no Pazo e a finca de Goiáns proxectadas polo goberno de Boiro. Trátase dos proxectos “Recuperación paisaxística do contorno do Pazo – Torre de Goiáns” e “Substitución da cuberta do Pazo de Goiáns”, que recollen unha serie de actuacións prioritarias para evitar, en primeiro lugar, o deterioro do edificio. Ambos proxectos, cuxa acometida se iniciará a principios de ano, unha vez que xa se conta co permiso de Patrimonio, están dotados de importantes partidas orzamentarias xestionadas polo goberno de Boiro diante doutros organismos.


Monte Pindo

O Monte Pindo non será parque natural

Sociedade 21/12/2010
 1 comentario/s - Envía a túa opinión

A Xunta de Galicia negouse hoxe a iniciar a tramitación da declaración do Monte Pindo como o séptimo parque natural da comunidade. Ecoloxistas e cidadáns da zona crearon no pasado mes de outubro a asociación Monte Pindo Parque Natural, co obxectivo de poñer en valor o seu patrimonio natural e cultural para compatibilizar un aproveitamento económico que impulse o turismo sostible e máis unha protección ambiental que sirva para a ordenación do territorio e máis para a protección dos seus valores vexetais, animais, xeolóxicos e patrimoniais.


Carlos Callón momentos antes de declarar nos Xulgados

Carlos Callón: “Non nos calarán”

Sociedade 16/12/2010
  Envía a túa opinión

O presidente da Mesa pola Normalización Lingüística, Carlos Callón, compareceu esta mañá, apoiado por membros da Mesa, nos Xulgados de Fontiñas en Santiago, por mor da denuncia posta polo xuíz decano da Coruña, Antonio Fraga Mandián. Callón criticara ao xuíz pola súa declaración de que “non tiña rubor algún en usar a ilegalidade do topónimo castelán La Coruña”, tralo xuízo contra un veciño por solicitar a documentación en galego e co topónimo coruñés oficial.

1 -2 -3 -4 -5 -6 -7 -8 -9 -10 -11 -12 -13 -14 -15 -16 -17 -18 -19 -20 -21 -22 -23 -24 -25 -26 -27 -28 -29 -30 -31 -32 -33 -34 -35 -36 -37 -38 -39 -40 -41 -42 -43 -44 -45 -46 -47 -48 -49 -50 -51 -52 -53 -54 -55 -56 -57 -58 -59 -60 -61 -
Praza do Concello s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galiza - Tfno. 981 492 773 - Fax 981 492 772 Nota Legal
Actualidade Novas Axenda Podcast
Participa Fai Novas Enquisas Foros