Publicidade Radio Fene
Praza do Concello s/n 15500 Fene (A Coruña) Galiza Tfno. 981 492 773 - Fax 981 492 772
Fai de Radiofusión a túa páxina de inicioRSS   BOLETÍN   CONTACTO
http://www.wikio.es
Envíar a Chuza

Radiofusión: A programación das Radios Municipais Galegas

Hoxe é Domingo 19 de Agosto de 2018

Emisoras > Radio Arzúa

Información da emisora Novas da emisora

Os arzuáns deberán deixar constancia no Concello das fogueiras de San Xoán

Institucional 14/06/2010
  Envía a túa opinión

O Concello de Arzúa xa ten aberto o prazo para que as persoas que vaian facer unha fogueira na máxica noite de San Xoán, o próximo día 23 de xuño, deixen os seus datos nas oficinas da Secretaría de Alcaldía co fin de elaborar unha relación das luminarias que se farán nesa data; as persoas que se inscriban recibirán ademais as instrucións coas normas de seguridade e prevención para o bo desenvolvemento das fogueiras.



Arzúa destina máis de 50.000 euros á promoción de actividades educativas, culturais e deportivas

Institucional 09/06/2010
  Envía a túa opinión

O goberno municipal de Arzúa aprobou na Xunta de Goberno Local, celebrada o pasado luns, as bases que rexerán a convocatoria pública para que as entidades sen ánimo de lucro municipais de carácter educativo, cultural e deportivo soliciten as axudas que a entidade municipal concede para a realización de diversas actividades. Para esta anualidade 2010, o Concello de Arzúa destina a cantidade de 45.805 euros, cuxa finalidade é a promoción de actividades educativas, culturais e deportivas.




Os deportistas de Arzúa xa poden facer uso das pistas de pádel e voleibol

Deportes 09/06/2010
  Envía a túa opinión

Unha exhibición por conta de profesionais de empresa de servizos deportivos Payet ás 12 deste mediodía no Complexo Deportivo do Viso, en Arzúa, simbolizou a apertura das pistas de pádel e voleibol, das que dende hoxe mesmo poderán gozar todos os veciños e veciñas do municipio. Durante os vindeiros sete días o uso das instalacións será de carácter gratuíto e a partir de entón os afeccionados a este deporte deberán pagar unha taxa de 6 euros por cada hora que empreguen as pistas de pádel, que xestionará a empresa Aquagest; a pista de voleibol poderá ser utilizada de xeito gratuíto.



A Praza do Convento presidida polo Apóstolo Santiago

O Xacobeo nas festas do Corpus de Melide

Sociedade 07/06/2010
  Envía a túa opinión

Unha réplica da imaxe do Apóstolo Santiago, que preside o altar maior da Catedral compostelá, centrou o tapiz de quince metros por quince da alfombra floral do Corpus en Melide. Particulares e asociaciacións melidenses traballaron arreo na elaboración da alfombra que cubriu a Praza do Convento causando a admiración de todos os visitantes. Continúase así unha tradición recuperada hai dous anos polo Concello de Melide.


Tenda de Panxea na rúa da Rosa, en Santiago de Compostela

O Día Internacional do Comercio Xusto reclama equidade tamén para o Norte

Sociedade 08/05/2010
 7 comentario/s - Envía a túa opinión

“Fainos un pouquiño máis libres e felices”. Velaí unha descrición do comercio xusto que propón un dos responsables da asociación sen ánimo de lucro Panxea, Gonzalo Gesto. Este proxecto que vén de estrear nova sede en Santiago de Compostela vende produtos que defenden o principio da soberanía alimentaria e tamén desenvolve iniciativas educativas ao respecto. Co gallo do Día Internacional do Comercio Xusto, que se celebra nesta xornada baixo o lema “Comercio Xusto no Norte e no Sur”, Panxea promove o consumo de produtos autóctonos que tamén respondan a unha elaboración respectuosa coa calidade e o ecoloxismo: que sexa posible tomar un café con leite totalmente xusto.

1 -2 -3 -4 -5 -6 -7 -8 -9 -10 -11 -12 -13 -14 -15 -16 -17 -18 -19 -20 -21 -22 -23 -24 -25 -26 -27 -28 -29 -30 -31 -32 -33 -34 -35 -36 -37 -38 -39 -40 -41 -42 -43 -44 -45 -46 -47 -48 -49 -50 -51 -52 -53 -54 -55 -56 -57 -58 -59 -
Praza do Concello s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galiza - Tfno. 981 492 773 - Fax 981 492 772 Nota Legal
Actualidade Novas Axenda Podcast
Participa Fai Novas Enquisas Foros