Publicidade Dia dos Medios en galego
Praza do Concello s/n 15500 Fene (A Coruña) Galiza Tfno. 981 492 773 - Fax 981 492 772
Fai de Radiofusión a túa páxina de inicioRSS   BOLETÍN   CONTACTO
http://www.wikio.es
Envíar a Chuza

Radiofusión: A programación das Radios Municipais Galegas

Hoxe é Xoves 22 de Febreiro de 2018

Emisoras > Radio Culleredo

Información da emisora Novas da emisora

María Reimondez preside Implicad@s no Desenvolvemento

Os meus ollos, as túas mans

Sociedade 05/04/2012
  Envía a túa opinión

As gratificacións emocionais dos cooperantes, o retorno da axuda solidaria, a mirada de gratitude dunha persoa feble. Unha mostra de Implicad@s no Desenvolvemento quere recoller todas esas sensacións. A exposición, creada por ilustracións que amosan o traballo do voluntariado, poderase visitar na Casa Museo María Pita na Coruña ata o 28 de abril. Nesta ocasión a exposición estará formada polas obras das dúas edicións do encontro con ilustrador@as. Así, tanto as ilustracións do 2010 coma as do 2011 estarán expostas xuntas.


Os dous músicos estrean na Coruña o seu novo especáculo

Julián Hernández e Rómulo Sanjurjo volven compartir escenario

Cultura 06/03/2012
  Envía a túa opinión

A Sala Garufa foi o escenario elixido para o reencontro de Julián Hernández e Rómulo Sanjurjo, que volven aos escenarios para presentar este martes La Maravilla Enmascarada. Trala experiencia de Transportes Hernández y Sanjurjo, o músico vigués de Casablanca e o coruñés de Monte vólvense xuntar para, ademais de interpretar os seus temas, versionar a Petula Clark, King Crimson, Charley Patton, The Kinks ou Andrew Lloyd Webber.


Concello coruñés

EU denuncia que periga a UDC co 40% máis de abandono dos estudantes

Sociedade 04/03/2012
  Envía a túa opinión

O grupo municipal de EU - Os Verdes preguntará no pleno coruñés qué medidas ten pensado tomar o goberno local en relación coa incapacidade económica de moitas familias traballadoras que impide aos seus fillos acceder á Universidade. EU considera que os recortes, o aumento das taxas, a falta dunha residencia universitaria pública e o elevado prezo do transporte, fan perigar á Universidade Coruñesa.


As mobilizacións transcorrerán baixo o lema “¡Basta xa! Existen alternativas”

UGT e CC.OO. convocan concentracións para este mércores contra a reforma laboral

Sociedade 26/02/2012
  Envía a túa opinión

Comisións Obreiras e UGT convocaron concentracións nas principais cidades galegas para este mércores, 29 de febreiro, en defensa do emprego, os servizos públicos e contra a reforma laboral, nunha Xornada de Acción Europea convocada pola Confederación Europea de Sindicatos (CES) que se celebra en vésperas do Consello Europeo do 1 e 2 de marzo, no que se pretende alcanzar un pacto fiscal, e do Cumio do Diálogo Social tripartito que a precede. Esta xornada foi convocada pola CES en todos os países europeos para mostrar a súa firme oposición ás políticas de austeridade, axustes orzamentarios e recortes sociais que desde hai dous anos levan impulsando as institucións europeas baixo a batuta do Goberno alemán.


Atopan o corpo dun dos desaparecidos na zona do Millenium

Sociedade 27/01/2012
  Envía a túa opinión

O axente da Policía Nacional, Javier López López, de 38 anos de idade, é a vítima mortal do suceso rexistrado esta madrugada na praia do Orzán da Coruña cando tres policías tentaban rescatar a uns mozos que se estaban a bañar no mar no medio dun temporal. O corpo do axente foi localizado preto do Obelisco Millenium contras as nove da mañá. A alerta dábaa contra as cinco e media da madrugada outro mozo que foi rescatado con vida. Os Servizos de Salvamento rastrexan por terra, mar e aire á procura dun mozo de nacionalidade estranxeira e dous axentes naturais de Lugo que permanecen desaparecidos.

1 -2 -3 -4 -5 -6 -7 -8 -9 -10 -11 -12 -13 -14 -15 -16 -17 -18 -19 -20 -21 -22 -23 -24 -25 -26 -27 -28 -29 -30 -31 -32 -33 -34 -35 -36 -37 -38 -39 -40 -41 -42 -43 -44 -45 -46 -47 -48 -49 -50 -51 -52 -53 -54 -55 -56 -57 -58 -59 -60 -61 -62 -63 -64 -65 -66 -67 -68 -69 -70 -71 -72 -73 -74 -75 -76 -77 -78 -79 -80 -81 -82 -83 -84 -85 -86 -87 -88 -89 -90 -91 -92 -93 -94 -95 -96 -97 -98 -
Praza do Concello s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galiza - Tfno. 981 492 773 - Fax 981 492 772 Nota Legal
Actualidade Novas Axenda Podcast
Participa Fai Novas Enquisas Foros