6 comentario/s - Envía a túa opinión
Daniel Bellón e Diego Maceiras tocarán no festival de Cosquín, na Arxentina, un dos máis importantes do mundo, coa portuguesa Dulce Pontes. Formarán un cuarteto acompañados ao piano por Juan Carlos Cambas. A actuación terá lugar o domingo 30 deste mes de xaneiro. Seguirán a súa actuación 500.000 persoas en directo e arredor de 12 millóns por televisión, segundo as previsións da organización.
9 comentario/s - Envía a túa opinión
O buque de aprovisionamento de combate Ministro Patiño non chegará a Ferrol (A Coruña) o vindeiro 25 de xaneiro como estaba inicialmente previsto. O Ministerio de Defensa non explicou de momento cal é a nova misión do barco, nen a súa hipotética continuidade na operación Atalanta, de vixiancia nas costas de Somalia. O Ministro Patiño tería que partir de Yibuti no Mar Rojo esta semana e a súa chegada a Ferrol contábase con que se realizase o 25 de xaneiro.
Envía a túa opinión
Win Mertens sorprendeuse cando Ovidio Aldegunde lle explicou en que consistia o seu traballo. A exposición 27 instantes e unha excepción reflexa parte do labor fotográfico realizado no Teatro Jofre (Ferrol A Coruña) nos anos 2009 e 2010. Incluense os retratos dos artistas que pasaron polo espazo escénico nese periodo de tempo.
Envía a túa opinión
Despois dun ano difícil para a economía, o comercio de toda Galicia iniciou hoxe un período de rebaixas do que agardan recuparse dunha tempada na que as vendas baixaron por mor da crise.
Envía a túa opinión
"O artista fai algo que lle sae moi de dentro, e faino con amor, tensión, dór ou alegría" afirma o fotógrafo Ovidio Aldegunde, quen recoñece que nos retratos, introduce a súa opinión, a súa mirada subxectiva. Aldegunde inaugura esta tarde unha mostra denominada 27 instantes e unha excepción, onde se recollen imaxes da maioría dos artistas que pasaron polo Teatro Jofre nos anos 2009 e 2010.