Publicidade Radiofusión
Praza do Concello s/n 15500 Fene (A Coruña) Galiza Tfno. 981 492 773 - Fax 981 492 772
Fai de Radiofusión a túa páxina de inicioRSS   BOLETÍN   CONTACTO
http://www.wikio.es
Envíar a Chuza

Radiofusión: A programación das Radios Municipais Galegas

Hoxe é Mércores 24 de Xaneiro de 2018

Emisoras > Radio Ordes

Información da emisora Novas da emisora

As clases impártense na Casa da Cultura de Ordes

Curso de graduado en ESO para adultos de Ordes

Sociedade 05/11/2010
  Envía a túa opinión

O Concello de Ordes, a través do departamento de Educación, Mocidade e Discapacidade, que dirixe a concelleira Silvia Marín, puxo en marcha un curso de graduado en ESO para adultos. As clases diríxense a maiores de 18 anos, no que participan nesta edición 38 ordenses, e co que se pretende dar a posibilidade de conseguir o título de graduado en ESO a persoas que por istintos motivos non o obtiveran no seu día.


Imaxe da reunión onde se acordou a creación da comisión

Accións dirixidas a mulleres inmigrantes vitimas da violencia de xénero

Sociedade 29/10/2010
  Envía a túa opinión

O Concello de Ordes, en colaboración coa Secretaría Xeral de Igualdade da Xunta de Galicia, pon en marcha novos mecanismos para consolidar o “Protocolo de actuación para a atención integral a vítimas de violencia de xénero”, elaborado no ano 2008 entre diferentes organismos. Así, esta semana celebrábase unha reunión na Casa do Concello de Ordes, na que estiveron presentes o alcalde, Manuel Regos, o concelleiro de Servizos Sociais e Terceira Idade, José Manuel Tobío, e representantes de diferentes institucións implicadas no protocolo como corpos e forzas de seguridade, xulgados, centro de saúde, servizos sociais, o Centro de Información á Muller do Concello de Ordes e a Subdelegación do Goberno. Unha reunión na que se tratou o tema específico da atención ás mulleres inmigrantes vítimas de violencia de xénero e a trata de persoas con fins de explotación sexual, así como se acordou a creación dunha comisión para a violencia de xénero.


Protótipo do monumento, lixeiramente diferente á versión final

A estatua de Carvalho Calero provocará un impacto, asegura Alexandre Banhos

Sociedade 29/10/2010
  Envía a túa opinión

“O pobo galego vai ficar impresionado”. Con estas palabras un emocionado Alexandre Banhos, presidente da Fundación Meendinhos, referíase á estatua de Carvalho Calero que se descubrirá mañá, ás 11:00 horas, en Compostela. O monumento érguese a iniciativa da fundación  para homenaxear a figura do profesor ferrolán. O evento contará coa presenza dos tres reitores das universidades galegas, representantes do Concello, dos sindicatos e de diferentes organismos culturais, principalmente do ámbito do reintegracionismo, caso da Asociación Galega da Lingua (AGAL) ou a Academia Galega da Lingua Portuguesa.


Cartaz da festa

A esfolla do maínzo en Ardemil

Sociedade 29/10/2010
  Envía a túa opinión

A parroquia ordense de Ardemil será a encargada de poñer mañá sábado o tinte festivo ao municipio. Así, a xornada acollerá a celebración da I Festa da Esfolla, organizada por un grupo de veciños.


O Samaín serve de excusa atractiva para fomentar a lectura

O Samaín na biblioteca

Cultura 28/10/2010
  Envía a túa opinión

Un ano máis, a Biblioteca Municipal do Concello de Ordes ten todo preparado para celebrar unha xornada adicada aos máis pequenos da casa con motivo da celebración do Samaín. Esta actividade terá lugar mañá, venres 29 de outubro. a partir das 17:00 horas nas instalacións da biblioteca. Durante a tarde, os nenos e nenas participantes e os seus pais ou acompañantes, poderán participar en diferentes talleres de manualidades coa decoración de cabazas e outros adornos típicos desta época do ano.

1 -2 -3 -4 -5 -6 -7 -8 -9 -10 -11 -12 -13 -14 -15 -16 -17 -18 -19 -20 -21 -22 -23 -24 -25 -26 -27 -28 -29 -30 -31 -32 -33 -34 -35 -36 -37 -38 -39 -40 -41 -42 -43 -44 -45 -46 -47 -48 -49 -50 -51 -52 -53 -54 -55 -56 -57 -58 -59 -60 -61 -62 -63 -64 -65 -66 -67 -68 -69 -70 -71 -72 -73 -74 -
Praza do Concello s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galiza - Tfno. 981 492 773 - Fax 981 492 772 Nota Legal
Actualidade Novas Axenda Podcast
Participa Fai Novas Enquisas Foros