Publicidade Radiofusión
Praza do Concello s/n 15500 Fene (A Coruña) Galiza Tfno. 981 492 773 - Fax 981 492 772
Fai de Radiofusión a túa páxina de inicioRSS   BOLETÍN   CONTACTO
http://www.wikio.es
Envíar a Chuza

Radiofusión: A programación das Radios Municipais Galegas

Hoxe é Martes 23 de Xaneiro de 2018

Emisoras > Radio Eume

Información da emisora Novas da emisora

A planta de LM nas Pontes

LM Composites podería anunciar mañá o peche definitivo

Sociedade 15/11/2009
  Envía a túa opinión

A dirección e o comité de empresa da planta do sector eólico LM Composites das Pontes (A Coruña) manterán mañá luns unha reunión que podería convertirse en definitiva. Os sindicalistas agardan que a compañia presente un Expediente de extinción de contratos para a totalidade dos 90 traballadores da empresa, o que supoñería o peche total dunha factoria que xa funcionou este ano á metade da súa capacidade.


Xosé Montero Cendán e Miguel López Paz con Henrique Sanfiz, secretario de EMUGA

Os 20 anos en 24 horas de Radio Eume

Sociedade 11/11/2009
  Envía a túa opinión

Dende as 0 horas e ata as 24 horas deste mércores, Radio Eume, a emisora municipal de As Pontes realiza un programa especial conmemorativo dos seus 20 anos de vida. Bótase a vista atrás en dúas décadas e lémbrase como era a localidade mineira da provincia da Coruña naquel lonxano 1989.


Cartaz da feira

Máis de 600 quilos de fungos e cogumelos na XX feira adicada a estes produtos outonais

Sociedade 28/10/2009
  Envía a túa opinión

O mellor sabor a outono  prepárase en As Pontes, onde o vindeiro domingo  1 de novembro terá lugar a XX edición da Feira de Fungos e Cogomelos. Coa intención de exaltar o magnífico produto existente nos montes de Gañidoira e Faladoira, realizaranse diferentes actividades con este manxar como protagonista.


O porto exterior de Caneliñas dende o Segaño

O transporte de carbón de Ferrol a As Pontes normalízase mañá martes

Sociedade 26/10/2009
  Envía a túa opinión

O transporte de carbón de Ferrol a As Pontes normalizaráse mañá martes. Os camioneiros ratificarán esta tarde o acordo ao que se chegaron o pasado venres e mañá comezarán a traballar con normalidade, segundo todas as previsións. O pasado xoves Endesa decidiu apagar dous dos catro grupos de xeneración que posue a planta para dosificar as provisións de combustible existentes.


A Casa do mel de Goente acole todas as actividades das X Xornadas apícolas do Eume

Cinco días mergullados no mundo do mel

Sociedade 01/10/2009
  Envía a túa opinión

Goente organiza neste mes de outubro un evento adicado ao mel. A Casa do mel desta parroquia das Pontes (A Coruña) acolle dende o 20 ata o 25 de outubro ás X Xornadas apícolas do Eume. O programa inclúe cata de mel, obradoiros e conferencias.

1 -2 -3 -4 -5 -6 -7 -8 -9 -10 -11 -12 -13 -14 -15 -16 -17 -18 -19 -20 -21 -22 -23 -24 -25 -26 -27 -28 -29 -30 -31 -32 -33 -34 -35 -36 -37 -38 -39 -40 -41 -42 -43 -44 -45 -46 -47 -48 -49 -
Praza do Concello s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galiza - Tfno. 981 492 773 - Fax 981 492 772 Nota Legal
Actualidade Novas Axenda Podcast
Participa Fai Novas Enquisas Foros