Publicidade Radiofusión
Praza do Concello s/n 15500 Fene (A Coruña) Galiza Tfno. 981 492 773 - Fax 981 492 772
Fai de Radiofusión a túa páxina de inicioRSS   BOLETÍN   CONTACTO
http://www.wikio.es
Envíar a Chuza

Radiofusión: A programación das Radios Municipais Galegas

Hoxe é Luns 22 de Xaneiro de 2018

Emisoras > Radio Allariz

Información da emisora Novas da emisora

Allariz acolle aos futuros embaixadores do sentir galego

Sociedade 22/07/2010
  Envía a túa opinión

Madrid, Cáceres, Valladolid ou Polonia son algúns dos lugares de orixe dos 24 alumnos que están a participar no IV Curso de verán de Lingua e Cultura Galegas, organizado pola Área de Normalización Lingüística da Universidade de Vigo e que se desenvolverá ata o 26 de xullo en Allariz. O programa, dirixido a persoas non galego falantes, conta coa participación de alumnos procedentes de diversas localidades española e tamén de países europeos, salientando unha acusada presenza de estudantes polacos que conforman máis do 50% do noso alumnado.


Augardente Devanceiros

Nova adega galega gaña dous premios nacionais de cata

Sociedade 18/07/2010
  Envía a túa opinión

Novalicor Auria, unha nova empresa de Allariz especializada en augardentes e licores artesanais, acaba de gañar dúas medallas de ouro en dous concursos nacionais de cata. Os licores da marca Devanceiros logran así vencer os primeiros concursos nos que participan menos de seis meses despois de chegar ao mercado.


Alfonso Prada, propietario da libraría

Duen de Bux, a libraría especializada de Ourense

Sociedade 30/06/2010
  Envía a túa opinión

A editorial ourensana Duen de Bux vén de abrir a súa propia libraría no número 5 da Praza Maior da cidade das Burgas. O novo local co mesmo nome do selo editorial só ofertará literatura de Duen de Bux. Non será unha libraría xeneralista coas novidades do momento. Especializarase no fondo de Ourense, con libros de arte, historia e na recuperación de textos antigos, como libros “insubstituibles” da catedral da cidade.


Portada do libro

En defensa do Poleiro, en defensa do mosteiro

Sociedade 29/06/2010
  Envía a túa opinión

Celanova vive un debate arredor do seu mosteiro. Os veciños da vila ourensá rexeitan a conversión do cenobio, instituto e concello nun hotel de luxo. Agora sae á luz un libro colectivo “En defensa do Poleiro” publicado pola editorial Toxosoutos e coordenado por Xoán Carlos Domínguez Alberte, membro da Plataforma en defensa do uso público do Mosteiro de Celanova. A publicación, coa que colabora a Asociación de Escritores en Lingua Galega, recompila unha serie de textos (poéticos, narrativos e ensaísticos) inéditos e achegados de xeito altruísta por diferentes autores galegos, moitos deles vencellados directamente coa localidade ourensá.


O Pleno alaricano aprobou o regulamento do Festival de Xardíns

Institucional 28/06/2010
  Envía a túa opinión

O pasado venres reuníase o pleno municipal na sesión ordinaria de xuño, para debater entre outros temas, a taxa e ordenanza reguladora do Festival Internacional de xardíns. Sobre esta cuestión PP e BNG tiveron un intenso debate que remataba co voto favorable para a súa aprobación. Os socialistas e nacionalistas coincidiron no respaldo á operación de tesourería co Banco Pastor por un importe de 362.000€, e os tres partidos políticos por unanimidade aprobaron o expediente de desafectación do subsolo en dominio público con destino ós aparcamentos privados en varios edificios na Estrada de Celanova e Xunqueira.


1 -2 -3 -4 -5 -6 -7 -8 -9 -10 -11 -12 -13 -14 -15 -16 -17 -18 -19 -20 -21 -22 -23 -24 -25 -26 -27 -28 -29 -30 -31 -32 -33 -34 -35 -36 -37 -38 -39 -40 -41 -42 -43 -44 -45 -46 -47 -48 -49 -50 -51 -52 -53 -54 -55 -56 -57 -58 -59 -60 -61 -62 -63 -64 -65 -66 -67 -68 -69 -70 -71 -72 -73 -74 -75 -76 -77 -78 -79 -80 -
Praza do Concello s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galiza - Tfno. 981 492 773 - Fax 981 492 772 Nota Legal
Actualidade Novas Axenda Podcast
Participa Fai Novas Enquisas Foros