Publicidade Radiofusion
Praza do Concello s/n 15500 Fene (A Coruña) Galiza Tfno. 981 492 773 - Fax 981 492 772
Fai de Radiofusión a túa páxina de inicioRSS   BOLETÍN   CONTACTO
http://www.wikio.es
Envíar a Chuza

Radiofusión: A programación das Radios Municipais Galegas

Hoxe é Mércores 20 de Xuño de 2018

Emisoras > Radio Redondela

Información da emisora Novas da emisora

Portada da publicación

Xeórxicas do pan de Otero Pedrayo

Sociedade 14/02/2013
  Envía a túa opinión

O vindeiro 15 de febreiro de 2013, na Casa Galega da Cultura (Praza da Princesa, 2. Vigo), ás 19:00, presentarase o libro XEÓRXICAS DO PAN, de Ramón Otero Pedrayo. Intervirán Francisco Domínguez (Director da Fundación Penzol), Manuel Forcadela e Silvia Penas do Equipo de Investigación da Universidade de Vigo, Víctor F. Freixanes, Director de Editorial Galaxia, Ernesto Pedrosa (Presidente do Consello Social da Universidade de Vigo) e Alfonso Zulueta de Haz, Presidente da Fundación Penzol.


Cartaz da Mesa de traballo Ensamblaxe.

A Fundación Laxeiro presenta Ensamblaxe e colaxe en Galicia

Sociedade 31/01/2013
  Envía a túa opinión

Ensamblaxe e colaxe en Galicia propón unha mirada ao estado da cuestión nun tempo concreto (os últimos quince anos) e nun espazo concreto (Galicia), a través de quince creadores sen un especial vínculo entre eles que, sen embargo, como diciamos antes, coinciden en non poucos achados, solucións, procesos e recursos, conservando a súa singularidade e, conformando no seu conxunto, a particular mesa de traballo que a Fundación Laxeiro presenta nesta mostra.


O escritor Francisco Castro

Leonardo e Verne, soñadores do futuro

Sociedade 28/01/2013
  Envía a túa opinión

O martes 29 de xaneiro e como actividade complementaria ao certame Inspiraciencia, promovido polo Consello Superior de Investigacións Científicas (CSIC), terá lugar en Vigo a charla “Leonardo e Verne, soñadores do futuro”, impartida polo escritor Francisco Castro. A conferencia enmárcase no ciclo de charlas “INSPIRACIENCIA Pasados, presentes e futuros da ciencia na literatura”, organizadas polo CSIC coa colaboración de diversas entidades en diferentes cidades de España, no marco do certame Inspiraciencia, entre outras, a Editorial Galaxia.


Sentada lectora en Gondomar en abril de 2012

Asalto poético en Gondomar

Sociedade 26/01/2013
  Envía a túa opinión

Un Asalto Poético na mañá do sábado pola rúas de Gondomar, con grupos de voluntarios e voluntarias que «asaltarán» as persoas para lerlles poemas pola rúa.Espazo Lectura fundouse o 26 de xaneiro de 2008 e por iso celebra este quinto aniversario con dúas accións: a primeira, a renovación da súa identidade dixital, un feito que reafirma unha liña de traballo sensibilizada cunha sociedade lectora cada vez máis dixitalizada e con grandes potencialidades de futuro; a segunda, un Asalto Poético que se levará a cabo na mañá do sábado pola rúas de Gondomar, con grupos de voluntarios e voluntarias que «asaltarán» as persoas para lerlles poemas pola rúa.


Riveiro Coello -Xinzo de Limia 1964-

Riveiro Coello presenta a última novela en Pontevedra

Sociedade 16/01/2013
  Envía a túa opinión

O escritor Antón Riveiro Coello presentará a súa novela 'Laura no deserto' en Pontevedra, este venres 18 de xaneiro, ás 20 horas, na Casa das Campás. Organiza Maio longo, coa colaboración do concello de Pontevedra e editorial Galaxia. Coa intervención de Luís Bará, concelleiro de patrimonio histórico; Carlos Lema, editor (editorial Galaxia) e Antón Riveiro Coello, autor da novela.

1 -2 -3 -4 -5 -6 -7 -8 -9 -10 -11 -12 -13 -14 -15 -16 -17 -18 -19 -20 -21 -22 -23 -24 -25 -26 -27 -28 -29 -30 -31 -32 -33 -34 -35 -36 -37 -38 -39 -40 -41 -42 -43 -44 -45 -46 -47 -48 -49 -50 -51 -52 -53 -54 -55 -56 -57 -58 -59 -60 -61 -62 -63 -64 -65 -66 -67 -68 -69 -70 -71 -72 -73 -74 -75 -76 -77 -78 -79 -80 -81 -82 -83 -84 -85 -86 -87 -88 -89 -90 -91 -92 -93 -94 -95 -96 -97 -98 -99 -100 -101 -102 -103 -104 -105 -106 -107 -108 -109 -110 -111 -112 -113 -114 -115 -116 -117 -118 -119 -120 -121 -122 -123 -124 -125 -126 -127 -128 -129 -130 -131 -132 -133 -134 -135 -136 -137 -138 -139 -140 -141 -142 -143 -144 -145 -146 -147 -148 -149 -150 -151 -152 -153 -154 -155 -156 -157 -158 -159 -160 -161 -162 -163 -164 -165 -
Praza do Concello s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galiza - Tfno. 981 492 773 - Fax 981 492 772 Nota Legal
Actualidade Novas Axenda Podcast
Participa Fai Novas Enquisas Foros