Publicidade Radiofusion
Praza do Concello s/n 15500 Fene (A Coruña) Galiza Tfno. 981 492 773 - Fax 981 492 772
Fai de Radiofusión a túa páxina de inicioRSS   BOLETÍN   CONTACTO
http://www.wikio.es
Envíar a Chuza

Radiofusión: A programación das Radios Municipais Galegas

Hoxe é Luns 18 de Xuño de 2018

Emisoras > Radio Neria

Información da emisora Novas da emisora

Soneira presentou unha Proposición non de Lei para que a Consellería do Mar facilite o acceso das embarcacións á tonelaxe e potencia necesarias para evitar a súa paralización

A Xunta garantirá a plena regularización da flota galega

Institucional 15/12/2010
  Envía a túa opinión

O Pleno do Parlamento aprobou hoxe unha iniciativa socialista para que a Xunta garanta “a plena regularización da flota galega”. A portavoz de Pesca do Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia, Marisol Soneira, presentou unha Proposición non de Lei para que a Consellería do Mar facilite o acceso das embarcacións á tonelaxe e potencia necesarias para evitar a súa paralización.


Imaxe do concerto solidario “Xoguetes x música”

Xoguetes para todos os fogares

Sociedade 15/12/2010
  Envía a túa opinión

A Asociación Cultural Borobó e da ONGD Contacto repartirán hoxe máis de douscentos xoguetes entre as familias con menos recursos do municipio boirense. O reparto realizarase na sede de Contacto a partires das seis da tarde.


Realizáronse mil inspeccións por terra, mar e aire

Os gardacostas incautaron en novembro perto de 2 mil artes

Sociedade 14/12/2010
 4 comentario/s - Envía a túa opinión

O Servizo de Gardacostas de Galicia, dependente da Consellería do Mar, requisou durante o mes de novembro un total de 1.997 artes de pesca e 12.273 quilos de distintas especies de peixe e marisco. Este é o resultado de máis de 1.000 inspeccións realizadas por terra, mar e aire. En canto aos bens e aparellos máis requisados polos Gardacostas en novembro destaca a incautación de máis de 1.200 nasas, a maioría delas de nécora e polbo, e de preto de 400 cacharros. Na maioría dos casos atopábanse en zona prohibida e sen identificar. Ademais, neste mes, os axentes incautáronse de 8 embarcacións e 2 vehículos.


A Escola Municipal de Consumo e a Oficina Municipal de Información ao Consumidor de Boiro organizan esta charla

Por un consumo responsable durante o nadal

Sociedade 13/12/2010
  Envía a túa opinión

Este mércores, día 15 de decembro ás 19.30 horas na sala do primeiro andar do Centro Social de Boiro, terá lugar unha charla – coloquio sobre o consumo responsable nestas datas.  


O investimento realizado é de 1.157.775 euros

Abanqueiro estrea infraestruturas

Sociedade 09/12/2010
  Envía a túa opinión

O Concello de Boiro inaugura este sábado, día 11 de decembro, ás 20.00 horas, o Centro Social Multiusos e o parque biosaudable da parroquia de Abanqueiro, un acto no que están convidados a participar tódolos veciños e que contará coa colaboración de distintas entidades da parroquia, entre elas o grupo de gaitas Brincadei@s e o grupo de baile da Anpa de Abanqueiro, que actuarán durante a mesma. O Alcalde de Boiro, Xosé Deira Triñanes, será o encargado de descubrir a placa conmemorativa, co nome de “Centro Social A Fieiteira”, referente ao lugar no que está emprazado.

1 -2 -3 -4 -5 -6 -7 -8 -9 -10 -11 -12 -13 -14 -15 -16 -17 -18 -19 -20 -21 -22 -23 -24 -25 -26 -27 -28 -29 -30 -31 -32 -33 -34 -35 -36 -37 -38 -39 -40 -41 -42 -43 -44 -45 -46 -47 -48 -49 -50 -51 -52 -53 -54 -55 -56 -57 -58 -59 -60 -61 -
Praza do Concello s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galiza - Tfno. 981 492 773 - Fax 981 492 772 Nota Legal
Actualidade Novas Axenda Podcast
Participa Fai Novas Enquisas Foros