Publicidade Radio Fene
Praza do Concello s/n 15500 Fene (A Coruña) Galiza Tfno. 981 492 773 - Fax 981 492 772
Fai de Radiofusión a túa páxina de inicioRSS   BOLETÍN   CONTACTO
http://www.wikio.es
Envíar a Chuza

Radiofusión: A programación das Radios Municipais Galegas

Hoxe é Luns 23 de Xullo de 2018

Emisoras > Radio Culleredo

Información da emisora Novas da emisora

Atopan o corpo dun dos desaparecidos na zona do Millenium

Sociedade 27/01/2012
  Envía a túa opinión

O axente da Policía Nacional, Javier López López, de 38 anos de idade, é a vítima mortal do suceso rexistrado esta madrugada na praia do Orzán da Coruña cando tres policías tentaban rescatar a uns mozos que se estaban a bañar no mar no medio dun temporal. O corpo do axente foi localizado preto do Obelisco Millenium contras as nove da mañá. A alerta dábaa contra as cinco e media da madrugada outro mozo que foi rescatado con vida. Os Servizos de Salvamento rastrexan por terra, mar e aire á procura dun mozo de nacionalidade estranxeira e dous axentes naturais de Lugo que permanecen desaparecidos.


Aparece sen vida un dos desaparecidos no Orzán

Sociedade 27/01/2012
  Envía a túa opinión

Salvamento Marítimo atopou minutos antes das 9 da mañá na enseada do Orzán na Coruña 1 dos 4 desaparecidos. Continuan os labores de búsqueda das outras persoas desaparecidas no mar ás 5,30 desta madrugada.


Mónica Pérez

Buscan a 4 persoas desaparecidas na praia do Orzán na Coruña

Sociedade 27/01/2012
  Envía a túa opinión

Un xove de nacionalidade estranxeira e 3 policias nacionais permanecen desaparecidos a esta hora na praia do Orzán na Coruña, segundo informa a Xefatura de Policia de Galicia. O mal tempo dificulta as tarefas de pescuda polo forte mar que azouta a zona.


Beatriz Mato e Xesús Vázquez

As escolas infantís, máis caras o vindeiro curso

Sociedade 22/01/2012
  Envía a túa opinión

O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo (PP), anunciou esta semana o incremento das tarifas das escolas infantís públicas, que rexistrarán unha subida do 19,2%. O aumento, que se aplicará a partir do próximo curso, non afectará os pais con rendas inferiores a 1.200 euros mensuais (en torno ao 50%) mentres que o pago máximo será de 160 euros mensuais e de 70 euros máis polo comedor. Feijóo defendeu o modelo concertado e incidiu en que a subida das taxas, tras "dez anos conxeladas", será "nove puntos inferior" á experimentada polo IPC no mesmo período un 27%-.


Les Luthiers

Les Luthiers actuarán na Coruña e Vigo en marzo

Cultura 14/01/2012
  Envía a túa opinión

Les Luthiers confirman para marzo unha nova xira por Galicia. Tres anos despois da súa última actuación nesta terra, volverán á Coruña (Do 15 ao 18 de marzo. Coliseum) e a Vigo (20 ao 24. Auditorio do Mar). As entradas pódense xa adquirir en servinova.com a prezos que oscilan entre os 50 e os 75 euros.

1 -2 -3 -4 -5 -6 -7 -8 -9 -10 -11 -12 -13 -14 -15 -16 -17 -18 -19 -20 -21 -22 -23 -24 -25 -26 -27 -28 -29 -30 -31 -32 -33 -34 -35 -36 -37 -38 -39 -40 -41 -42 -43 -44 -45 -46 -47 -48 -49 -50 -51 -52 -53 -54 -55 -56 -57 -58 -59 -60 -61 -62 -63 -64 -65 -66 -67 -68 -69 -70 -71 -72 -73 -74 -75 -76 -77 -78 -79 -80 -81 -82 -83 -84 -85 -86 -87 -88 -89 -90 -91 -92 -93 -94 -95 -96 -97 -98 -99 -
Praza do Concello s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galiza - Tfno. 981 492 773 - Fax 981 492 772 Nota Legal
Actualidade Novas Axenda Podcast
Participa Fai Novas Enquisas Foros