Envía a túa opinión
Os mariscadores de Barallobre e Ferrol retoman este luns os traballos de rexeneración da ría, unha vez finalizada a campaña de extracción do Nadal. Na última poxa na confraria de Barallobre o pasado dia 17 vendéronse 326 quilos de ameixa babosa a un prezo medio de 18,20 euros. Sairon tamén 70 quilos de carneiro (4 €) e 19 de ameixa rubia (12€). Vendeuse moi pouco berberecho e ameixa fina.
Envía a túa opinión
O dúo formado por Daniel Bellón e Diego Maceiras actua esta tarde no festival de panxoliñas de Dodro. A actuación comezará ás seis da tarde na igrexa de San Xián de Laíño. Tamén actuarán con música propoia destas datas o coro de Laíño e as corais A Salle e Polifónica Padronesa.
Envía a túa opinión
A ría de Ferrol non contará con depuración integral ata o ano 2018. Somentes con moita vontade política podería adiantarse esa data para o 2016. Esa é a conclusión que ofrece a asociación Tribuna para el diálogo, tras unha mesa redonda coa participación de técnicos da Confederación Hidrográfica.
5 comentario/s - Envía a túa opinión
A palleta é o corazón da gaita. Así de concluinte se amosa Amado Cubero, un dos palleteiros de máis sona. Dende Ponferrada, fabrica e axusta palletas para a maioria dos obradoiros de gaita de Galicia. Co mellor punteiro e unha mala palleta, non temos gaita, afirma Cubero que imparte cursos para esinar aos gaiteiros a afirnar a palleta.
Envía a túa opinión
“Gravemente enfermo, en estado crítico”. Esta é a situación na que se atopa o Consorcio Pro Ferias e Exposicións de Ferrol (FIMO) segundo o seu presidente Xoán Gato. A vindeira semana agardan presentar un segundo estudo de viabilidade do organismo con vistas ao 2011. Neste informe tentarán manter aos 16 traballadores de FIMO “redobrando o esforzo e apretando o cinto dúas veces para que a Feira de Mostras poida seguer navegando”, indicou Gato.