Publicidade Radiofusion
Praza do Concello s/n 15500 Fene (A Coruña) Galiza Tfno. 981 492 773 - Fax 981 492 772
Fai de Radiofusión a túa páxina de inicioRSS   BOLETÍN   CONTACTO
http://www.wikio.es
Envíar a Chuza

Radiofusión: A programación das Radios Municipais Galegas

Hoxe é Xoves 26 de Abril de 2018

Emisoras > Radio Ordes

Información da emisora Novas da emisora

Cartaz da festa

A esfolla do maínzo en Ardemil

Sociedade 29/10/2010
  Envía a túa opinión

A parroquia ordense de Ardemil será a encargada de poñer mañá sábado o tinte festivo ao municipio. Así, a xornada acollerá a celebración da I Festa da Esfolla, organizada por un grupo de veciños.


O Samaín serve de excusa atractiva para fomentar a lectura

O Samaín na biblioteca

Cultura 28/10/2010
  Envía a túa opinión

Un ano máis, a Biblioteca Municipal do Concello de Ordes ten todo preparado para celebrar unha xornada adicada aos máis pequenos da casa con motivo da celebración do Samaín. Esta actividade terá lugar mañá, venres 29 de outubro. a partir das 17:00 horas nas instalacións da biblioteca. Durante a tarde, os nenos e nenas participantes e os seus pais ou acompañantes, poderán participar en diferentes talleres de manualidades coa decoración de cabazas e outros adornos típicos desta época do ano.


880 propietarios conforman esta concentración parcelaria

Medio Rural reúnese cos propietarios da concentración parcelaria de Mercurín- Lesta II

Sociedade 28/10/2010
  Envía a túa opinión

A Escola de Mercurín (Ordes A Coruña) acollerá mañá, venres 29 de outubro, a partir das 10:00 horas unha reunión convocada pola Xefatura Territorial da Consellería do Medio Rural dirixida aos propietarios da zona de concentración parcelaria de Mercurín- Lesta II. O obxectivo da xuntanza é informar aos propietarios sobre o proxecto das novas fincas de reemprazo e ademais, procederase á entrega das fichas de atribucións de cada propietario.


Atopámonos en plena tempada de recollida de cogomelos

Coa chegada dos cogomelos Ordes celebra as súas xornadas micolóxicas

Sociedade 28/10/2010
  Envía a túa opinión

Co outono chegan os fríos, as castañas, a caída da folla, a escola e tamén as setas, os cogomelos, as zarrotas, o pan do demo,.. A súa recollida é un aliciente para saír ao monte, ao campo, a fóra pero para iso é imprescindible coñecelas ben e saber distinguir as comestibles das que non o son. Con esta finalidade a Asociación Cultural e de Tempo Libre Tarandeira, en colaboración co Concello de Ordes organizou un ano máis unhas xornadas para aproximarse ao coñecemento dos fungos: As VII Xornadas Micolóxicas de Ordes.


O concello de Ordes organiza, o vindeiro luns, unha xuntanza para afondar nesta lacra

En pé de guerra contra a violencia de xénero

Sociedade 22/10/2010
  Envía a túa opinión

O Concello de Ordes, en colaboración coa Secretaría Xeral de Igualdade da Xunta de Galicia, pretende poñer en marcha novos mecanismos que consoliden o “Protocolo de actuación para a atención integral a vítimas de violencia de xénero”, elaborado no ano 2008 entre diferentes organismos. Abordaranse o estudo da viabilidade de crear unha comisión para a violencia de xénero. Ademais analizarase o tratamento de dous temas de especial relevancia no entorno: a explotación sexual e a trata de persoas, e a especial vulnerabilidade das mulleres migrantes que son vítimas de violencia de xénero. 

1 -2 -3 -4 -5 -6 -7 -8 -9 -10 -11 -12 -13 -14 -15 -16 -17 -18 -19 -20 -21 -22 -23 -24 -25 -26 -27 -28 -29 -30 -31 -32 -33 -34 -35 -36 -37 -38 -39 -40 -41 -42 -43 -44 -45 -46 -47 -48 -49 -50 -51 -52 -53 -54 -55 -56 -57 -58 -59 -60 -61 -62 -63 -64 -65 -66 -67 -68 -69 -70 -71 -72 -73 -74 -
Praza do Concello s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galiza - Tfno. 981 492 773 - Fax 981 492 772 Nota Legal
Actualidade Novas Axenda Podcast
Participa Fai Novas Enquisas Foros