Publicidade Radiofusion
Praza do Concello s/n 15500 Fene (A Coruña) Galiza Tfno. 981 492 773 - Fax 981 492 772
Fai de Radiofusión a túa páxina de inicioRSS   BOLETÍN   CONTACTO
http://www.wikio.es
Envíar a Chuza

Radiofusión: A programación das Radios Municipais Galegas

Hoxe é Domingo 15 de Xullo de 2018

Emisoras > Radio Allariz

Información da emisora Novas da emisora

A necrópole do Castelo de Ribadavia chama a atención dos visitantes

Cultura 18/08/2010
  Envía a túa opinión

O Castelo de Ribadavia vén de reabrir as súas portas despois de sete anos pechado por mor de diversas obras de restauración e mellora que se realizaron na fortaleza medieval. Segundo comentou o responsable da Oficina de Turismo de Ribadavia en Radiofusión, Antonio Míguez, “fixéronse diferentes escavacións atendendo á documentación histórica do castelo, en mans da descendentes dos Condes de Sarmiento”. Ademais, houbo que eliminar diferentes infraestruturas construídas no interior do monumento, como unha piscina, un auditorio e pistas polideportivas. Durante o desenvolvemento destas tarefas descubriuse un depósito de auga de abastecemento de xardíns e fontes e tamén se atoparon pedras de lagar e antigas adegas. Igualmente, consolidouse e repúxose ao seu estado orixinal a muralla. Non obstante, Antonio Míguez asegura que o que máis chama a atención dos visitantes é a existencia dunha necrópole, que tamén recuperaron, no interior da fortaleza.


Un dos xardíns do festival

O Festival Internacional de Xardíns de Allariz achégase ás dez mil visitas

Sociedade 12/08/2010
  Envía a túa opinión

Inaugurado hai un mes, en concreto o 8 de xullo, o Festival Internacional de Xardíns de Allariz está a punto de chegar aos 10.000 visitantes.Coa súa apertura, en horario de 11.00h a 14.00h e de 17.00h a 22.30h, está recibindo unha media diaria de 200 entradas, que se incrementan a 500 os sábados e domingos.


O PSdeG acusa ao goberno galego de desinformación ante a vaga de lumes

Os incendios devastan a provincia de Ourense e Portugal

Sociedade 11/08/2010
  Envía a túa opinión

Galicia atópase baixo alerta de incendios e sucédense os lumes. Entre os moitos que se están a producir na nosa comunidade destacan dous incendios no perímetro rural de Ourense iniciádos con só dez minutos de diferenza. Medios aéreos e terrestres traballaron ao longo de toda a mañá para controlar un incendio forestal iniciado este martes en Castro de Beiro, no extrarradio de Ourense. Ao mediodía quedou prácticamente extinguido e xa non fumea.  A columna de fume albiscábase desde calquera lugar da cidade das Burgas.


O Polbo Paul, finalmente, non acudirá a festa

Representación alemana na Festa do Polbo do Carballiño

Sociedade 04/08/2010
  Envía a túa opinión

O polbo do Carballiño deu orixe á celebración dunha das festas gastronómicas máis multitudinarias e características de Galicia: a Festa do Polbo. Este domingo, 8 de agosto celébrase a 48 edición desta cita gastronómica que goza do privilexio de ser considerada desde 1969 Festa de Interese Turístico. A celebración reúne cada ano a milleiros de persoas. Nesta ocasión o evento adícase ao mosterio de Oseira (San Cristovo de Cea). Tras a repercusión mediática da vila polo seu interese de mercar o famoso Pulpo Paul, nomeado “amigo predilecto” do Carballiño, a festa terá connotacións especiais. O polbo, máis que nunca está de moda.


CC OO denuncia recortes de persoal docente nas escolas galegas

Sociedade 26/07/2010
  Envía a túa opinión

As escolas galegas están a padecer recortes do persoal docente de ata o 10 por cento de cara ao vindeiro curso. A Federación do Ensino de Comisións Obreiras de Galicia denuncia que a Consellaría de Educación está a “espremer” o persoal para cubrir o traballo que se amorea pola redución de postos de traballo. Isto débese, segundo o sindicato, a que dende a Xunta preténdese elevar a ratio de alumnado por mestre ata o máximo que fixa a lei, trinta alumnos por aula na ESO. Comisións pide ao Goberno que vixíe a “dilapidación de diñeiro público onde realmente existe” e ameaza á Consellaría cun inicio de curso “movido”.

1 -2 -3 -4 -5 -6 -7 -8 -9 -10 -11 -12 -13 -14 -15 -16 -17 -18 -19 -20 -21 -22 -23 -24 -25 -26 -27 -28 -29 -30 -31 -32 -33 -34 -35 -36 -37 -38 -39 -40 -41 -42 -43 -44 -45 -46 -47 -48 -49 -50 -51 -52 -53 -54 -55 -56 -57 -58 -59 -60 -61 -62 -63 -64 -65 -66 -67 -68 -69 -70 -71 -72 -73 -74 -75 -76 -77 -78 -79 -80 -81 -82 -
Praza do Concello s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galiza - Tfno. 981 492 773 - Fax 981 492 772 Nota Legal
Actualidade Novas Axenda Podcast
Participa Fai Novas Enquisas Foros