Publicidade Radiofusion
Praza do Concello s/n 15500 Fene (A Coruña) Galiza Tfno. 981 492 773 - Fax 981 492 772
Fai de Radiofusión a túa páxina de inicioRSS   BOLETÍN   CONTACTO
http://www.wikio.es
Envíar a Chuza

Radiofusión: A programación das Radios Municipais Galegas

Hoxe é Luns 28 de Maio de 2018

Emisoras > Radio Redondela

Información da emisora Novas da emisora

Natividade López e Margarida Corral, da CIG

A CIG alerta do paro na mocidade e pide “Que emigre Feijoo!”

Sociedade 11/01/2013
  Envía a túa opinión

A CIG vén de convocar unha xornada de loita para denunciar a sangría demográfica que está a sufrir o noso país e que afecta especialmente á mocidade. Segundo a central nacionalista, a situación é de tal gravidade que dos 166.800 postos de traballo destruídos nestes 4 anos, 149.100 estaban ocupados por menores de 35 anos; destes, máis de 77.164 optaron por emigrar, neste período, en busca dunha alternativa laboral que non atoparon en Galiza e o paro medrou case un 123% desde o estoupido da crise entre os menores de 25 anos. Ante isto e segundo explicou a secretaria confederal de Muller e  Mocidade, Margarida Corral, a organización acordou pór en marcha unha campaña baixo o lema “O futuro de Galiza somos nós. Que emigre Feijoo!”, porque, explicou “o presidente da Xunta prometeu na investidura anterior que remataría co paro en 40 días, pero unha lexislatura despois, un de cada dous menores de 25 anos están en paro”.


Cartaz do espectáculo

Sergio Pazos reta aos Mayas

Sociedade 20/12/2012
  Envía a túa opinión

Sergio Pazos celebra o fin do mundo no Paraíso Perdido, o venres 21. Será unha noite especial, onde poida que acábese o mundo segundo profetizaron os mayas, pero que se se acaba... pois que nos pille partidos de risa. O cómico galego, Sergio Pazos, leva o seu espectáculo, "Se galego my friend" a partir das 23:00 h á sala Paraíso Perdido (C/ Bolivia, 10, Vigo).


Artesanía galega

Ofeitoaman, un clásico do Nadal en Vigo

Sociedade 19/12/2012
  Envía a túa opinión

Dende o 20 de decembro ata o 5 de xaneiro poderáse visitar a feira que, probablemente, é a máis antiga da cidade de Vigo, cunha primeira edición celebrada en 1985 e que, dende entón, recorreu varias ubicacións na cidade. Xa fai moitos anos que Ofeitoaman é un clásico do Nadal en Vigo, visitado por xeracións de vigueses que consideran esta feira como unha alternativa saudable e atractiva para mercar os seus agasallos.


Anuncio da feira

Expochristmas, outra feira de Nadal

Sociedade 14/12/2012
  Envía a túa opinión

Chega a Vigo a primeira edición de Expochristmas, a feira de Nadal, que abre mañá as súas portas cunha oferta variada e de calidade. Permanecerá aberta, ininterrompidamente até o próximo 5 de xaneiro no primeiro piso do Peirao de Transatlánticos da Estación Marítima de Vigo, con entrada gratuíta. Como eixo temático, elixiuse o antigo Exipto e por iso, haberá elementos decorativos, pero tamén obxectos destas afastadas terras que poderán ser adquiridos polos visitantes.


Amancio Prada participa na campaña

Consumo responsable e solidario en galego

Sociedade 11/12/2012
  Envía a túa opinión

"Se de verdade queremos conservar as nosas industrias de transformación do agro, temos que optar nas nosas compras por produtos galegos e, ademais, etiquetados na nosa lingua. Unha maneira de exercer o galeguismo na vida cotiá." Son palabras dos promotores da campaña Consumogustos, unha iniciativa que pretende fomentar o consumo de produtos etiquetados en idioma galego.

1 -2 -3 -4 -5 -6 -7 -8 -9 -10 -11 -12 -13 -14 -15 -16 -17 -18 -19 -20 -21 -22 -23 -24 -25 -26 -27 -28 -29 -30 -31 -32 -33 -34 -35 -36 -37 -38 -39 -40 -41 -42 -43 -44 -45 -46 -47 -48 -49 -50 -51 -52 -53 -54 -55 -56 -57 -58 -59 -60 -61 -62 -63 -64 -65 -66 -67 -68 -69 -70 -71 -72 -73 -74 -75 -76 -77 -78 -79 -80 -81 -82 -83 -84 -85 -86 -87 -88 -89 -90 -91 -92 -93 -94 -95 -96 -97 -98 -99 -100 -101 -102 -103 -104 -105 -106 -107 -108 -109 -110 -111 -112 -113 -114 -115 -116 -117 -118 -119 -120 -121 -122 -123 -124 -125 -126 -127 -128 -129 -130 -131 -132 -133 -134 -135 -136 -137 -138 -139 -140 -141 -142 -143 -144 -145 -146 -147 -148 -149 -150 -151 -152 -153 -154 -155 -156 -157 -158 -159 -160 -161 -162 -163 -164 -165 -
Praza do Concello s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galiza - Tfno. 981 492 773 - Fax 981 492 772 Nota Legal
Actualidade Novas Axenda Podcast
Participa Fai Novas Enquisas Foros