Publicidade Radiofusión
Praza do Concello s/n 15500 Fene (A Coruña) Galiza Tfno. 981 492 773 - Fax 981 492 772
Fai de Radiofusión a túa páxina de inicioRSS   BOLETÍN   CONTACTO
http://www.wikio.es
Envíar a Chuza

Radiofusión: A programación das Radios Municipais Galegas

Hoxe é Mércores 17 de Xaneiro de 2018

Emisoras > Radio Neria

Información da emisora Novas da emisora

No curso realizaranse xogos para potenciar a actividade física das persoas da terceira idade

O benestar dos nosos maiores

Sociedade 26/11/2010
  Envía a túa opinión

O Departamento de Servizos sociais do Concello de Boiro, dentro do proxecto que está a desenvolver de “Fomento de hábitos de vida saudables na terceira idade”, levará a cabo este vindeiro luns, día 29 de novembro o último obradoiro desta iniciativa. Esta última sesión terá lugar nas instalacións do campamento xuvenil de Espiñeira, en horario de 10:00 a 14:00 horas.


O alcalde de Boiro, Xosé Deira Triñanes lendo o manifesto

Empeño para romper a dinámica criminal da violencia de xénero

Sociedade 25/11/2010
  Envía a túa opinión

Como persoas civilizadas, queremos facer un chamamento á cidadanía contra a violencia de xénero. Non podemos consentir que esta situación continúe manténdose e debemos poñer, todos e todas, o noso máis enérxico empeño en romper esta dinámica criminal e protexer ás vítimas. Arrinca así o manifesto deste 25 de novembro do Concello de Boiro.


Os socialistas consideran que a Conselleira do Mar “xogou cos mariñeiros á ruleta rusa”

Marisol Soneira (PSdeG): “Feijóo aniquilou todas as medidas de protección dos mariñeiros”

Institucional 24/11/2010
  Envía a túa opinión

A portavoz de Pesca do Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia, Marisol Soneira defendeu hoxe unha interpelación sobre a renuncia da Xunta ao asinamento do contrato do seguro colectivo de accidentes do mar.A portavoz de Pesca asevera que desde o 1 de outubro “un goberno de burócratas, presidido por Feijoo, e sen unha pinga de sensibilidade optou por aforrar de onde non debía”. Advirte que o Goberno do Partido Popular optou por aniquilar unha das medidas de protección social que cubría a tódolos homes e mulleres do mar, sen exclusións. Soneira cualificou esta decisión como “ruín, miserable, é unha vileza política”. E preguntoulle si hoxe veu tamén ao Parlamento a vender seguros.


A moza seleccionada terá que realizar un obradoiro de música galega tradicional

O Concello de Boiro participa nun novo Proxecto Europeo

Sociedade 24/11/2010
  Envía a túa opinión

O Concello de Boiro participará nun novo intercambio xuvenil que se celebrará en Sicilia (Italia) do 26 de Novembro ao 3 de Decembro. Neste intercambio xuvenil, participarán xóvenes menores de 25 anos de Bulgaria, Grecia, Portugal, Rumanía e Italia. O obxectivo principal deste encontro é  establecer un espazo de debate sobre temas que lle interesan aos xóvenes de cada país como o medio ambiente, as posibilidades de inserción laboral dos xóvenes, o acceso a vivenda ou a exclusión social para expresalas a través da arte (graffiti, reciclaxe, música etc...).


Os socialistas galegos propoñen a recuperación do seguro colectivo de accidentes no mar e do seguro de mal tempo

O PSdeG presenta as enmendas para o sector pesqueiro

Institucional 22/11/2010
  Envía a túa opinión

A portavoz de Pesca do Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia, Marisol Soneira, vén de anunciar que as emendas socialistas aos orzamentos da Consellería do Mar cambiando de destino, ou asignándolles unha función concreta, supoñen 37.435.358 euros. Isto significa un 21,32% mais da proposta enviada o Parlamento polo Goberno de Feijoo. A deputada socialista replica que as emendas do PSdeG-PSOE pretenden impulsar a racionalización do gasto, a recuperación económica e o apoio a flota costeira artesanal que é a que mais emprego e mais cohesión xeral.

1 -2 -3 -4 -5 -6 -7 -8 -9 -10 -11 -12 -13 -14 -15 -16 -17 -18 -19 -20 -21 -22 -23 -24 -25 -26 -27 -28 -29 -30 -31 -32 -33 -34 -35 -36 -37 -38 -39 -40 -41 -42 -43 -44 -45 -46 -47 -48 -49 -50 -51 -52 -53 -54 -55 -56 -57 -58 -59 -60 -
Praza do Concello s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galiza - Tfno. 981 492 773 - Fax 981 492 772 Nota Legal
Actualidade Novas Axenda Podcast
Participa Fai Novas Enquisas Foros