Publicidade Radiofusion
Praza do Concello s/n 15500 Fene (A Coruña) Galiza Tfno. 981 492 773 - Fax 981 492 772
Fai de Radiofusión a túa páxina de inicioRSS   BOLETÍN   CONTACTO
http://www.wikio.es
Envíar a Chuza

Radiofusión: A programación das Radios Municipais Galegas

Hoxe é Mércores 25 de Abril de 2018

Emisoras > Radio Arzúa

Información da emisora Novas da emisora

Arzúa estreará nos vindeiros días as pistas de pádel e voleibol

Institucional 14/04/2010
  Envía a túa opinión

A Xunta de Goberno Local do Concello de Arzúa acordou o pasado venres a adxudicación provisional do contrato para levar a cabo a xestión das instalacións deportivas municipais destinadas á práctica do pádel e voleibol á empresa Aquagest. A empresa dispón dun prazo de 15 días hábiles para aportar a documentación requirida; posteriormente procederase á súa adxudicación definitiva que será por un prazo de 4 anos. A empresa adxudicataria será a encargada do mantemento das instalacións, de ofrecer a información precisa para o aluguer das pistas, de manter limpas as instalacións e a zona perimetral valada así como a vixilancia e control durante as horas de apertura das instalacións.



Boimorto nomeará a Luz Casal filla predilecta

Cultura 12/04/2010
  Envía a túa opinión

Luz Casal será nomeada filla predilecta do Concello de Boimorto o vindeiro 16 de maio, ás 13:30 horas, no Salón de Plenos da Casa Consistorial, no que estará a Corporación en pleno e autoridades e representantes convidados expresamente ao acto. A continuación haberá un xantar-homenaxe na carpa instalada na parroquia de Andabao (Arentía), lugar onde naceu a artista. O prezo por comensal será de 20 euros e ese mesmo día Casal asinará autógrafos.



Unha persoa morre en atropelo en Oza dos Rios

Sociedade 06/04/2010
  Envía a túa opinión

Unha persoa faleceu hoxe en Oza dos Ríos (A Coruña) tras ser atropelada por un turismo, segundo informaron a Garda Civil de Tráfico e o servizo de emerxencias 112. O falecido é P.S.C, home de 73 anos e veciño de Porzomillos, en Oza dos Ríos. O suceso ocorreu ás 9,52 horas de hoxe no quilómetro 5,5 da AC-840 que une Betanzos e Melide.


O castelo sempre permaneceu fechado ao público (Fotografia: M.Gago)

O castelo de Pambre abrirá ao público en xuño

Sociedade 30/03/2010
  Envía a túa opinión

O alcalde de Palas de Rei, Fernando Pensado, anunciou hoxe en declaracións a EFE que a principios do mes de xuño producirase a apertura ao público do castelo de Pambre. Trátase dunha fortaleza do século XIV, que está considerada como un dos mellores exemplos de arquitectura medieval do país e que sempre permaneceu pechada ao público.


Os alumnos prantaron hoxe 25 árbores froiteiras

A horta científica de Palas de Rei

Sociedade 25/03/2010
 1 comentario/s - Envía a túa opinión

Os alumnos de 4º da ESO e 1º de bacharelato do Instituto de Palas de Rei levaron a cabo a prantación de 25 árbores nun proxecto de creación dunha horta de árbores froiteiras. A inciativa desenvólvese mediante patróns francos de pereiras, maceiras, cerdeiras e ciroleiros entroutros exemplares para logo inxertalos con outras variedades xenéticas. Todo para que o ano que vén os inxertos dean os seus froitos.

1 -2 -3 -4 -5 -6 -7 -8 -9 -10 -11 -12 -13 -14 -15 -16 -17 -18 -19 -20 -21 -22 -23 -24 -25 -26 -27 -28 -29 -30 -31 -32 -33 -34 -35 -36 -37 -38 -39 -40 -41 -42 -43 -44 -45 -46 -47 -48 -49 -50 -51 -52 -53 -54 -55 -56 -57 -58 -59 -
Praza do Concello s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galiza - Tfno. 981 492 773 - Fax 981 492 772 Nota Legal
Actualidade Novas Axenda Podcast
Participa Fai Novas Enquisas Foros