Publicidade Radiofusion
Praza do Concello s/n 15500 Fene (A Coruña) Galiza Tfno. 981 492 773 - Fax 981 492 772
Fai de Radiofusión a túa páxina de inicioRSS   BOLETÍN   CONTACTO
http://www.wikio.es
Envíar a Chuza

Radiofusión: A programación das Radios Municipais Galegas

Hoxe é Xoves 21 de Xuño de 2018

Emisoras > Radio Culleredo

Información da emisora Novas da emisora

Alpendre en Callobre (Miño)

A casa de palla

Sociedade 08/01/2012
  Envía a túa opinión

“Vou construir a miña casa de palla” dicia un dos protagonistas do conto dos “Tres porquiños”. O lobo viña logo e cun soplido facía voar a construcción. O relato non se axusta á realidade dos nosos tempos, porque a construcción con balas de pallas, é unh alternativa biosaudable, ecolóxica e económica. A Casa A Pousadoira de Callobre en Miño organizan un obradoiro de construcción biosaudable para o sábado 14 e o domingo 15 de xaneiro.


Eric Toussaint

A crise e a credibilidade

Sociedade 01/01/2012
  Envía a túa opinión

"A crise económica emanaba da falla de credibilidade do goberno de Zapatero" indicou de xeito reiterado o Partido Popular na campaña electoral. Segundo o economista Xoán López Facal, predicar que a raiz da crise é algo psicolóxico é unha afirmación máis que temeraria. Pola contra a convulsión alcanza rango mundial, con epicentro en Europa.


Carlos Aymerich e Ana Pontón

Aymerich: “ As políticas de austeridade de Feijóo constatan o seu gran fracaso para defender os intereses galegos”

Institucional 31/12/2011
  Envía a túa opinión

O portavoz do grupo parlamentario do BNG, Carlos Aymerich, cualificou de “fracaso absoluto” as políticas de austeridade do presidente da Xunta. Afirmou que “non funcionan” e aludiu ao índice de desemprego en Galicia (266.000 galegos e galegas en paro), ao proceso de desmantelamento da sanidade e o ensino, o empeoramento do sistema financeiro galego e a eliminación de servizos sociais. Aymerich tamén criticou que Núñez Feijóo non comparecerá “nunca” durante o ano 2011 no Parlamento galego para explicar a súa xestión ante os graves problemas que preocupan á cidadanía e renuncie desta maneira, dixo, “a un papel máis activo contra a crise económica”. O nacionalista asegurou que este proceder non se corresponde co que o propio Feijóo reclamaba dende a oposición cando instaba ao anterior presidente a manter unha maior presenza na Cámara galega para dar conta das súas actuacións, “un novo incumprimento”, manifestou.


Sés e Tito José Calviño

“Admirando a condición” de Sés

Sociedade 28/12/2011
  Envía a túa opinión

María Xosé Silvar despide o ano cun novo concerto acústico. A compositora coruñesa que lidera o grupo Sés ofrecerá unha pequena actuación en Discos Noni's (A Coruña), mañá, ás 20:00 horas, con entrada de balde. Acompañada do guitarrista Tito José Calviño, Silvar (ou Sés, como lle chaman "na casa") interpreterá en formato desenchufado os temas do seu primeiro disco, Admirando a condición, publicado en xullo de 2011 e gravado coa poderosa big-band que conforma Sés (metais, teclados e coristas incluídas, dez músicos en total).
 


Unha das obras de John Everett Millais

A pintura de Velázquez e Millais

Sociedade 24/12/2011
  Envía a túa opinión

A pintura de Velázquez influiu de xeito especial na obra de Millais, un dos pintores ingleses do movemento prerrafaelita. John Everett Millais desenvolveu novos xeitos de explorar o realismo, unha das bases fundadoras do grupo. Pero él introduce fases máis vibrantes e expresivas. A conservadora de arte británico Alison Smith pronunciará unha conferencia sobre “Millais: un toque de España” o xoves 12 de xaneiro do 2012.

1 -2 -3 -4 -5 -6 -7 -8 -9 -10 -11 -12 -13 -14 -15 -16 -17 -18 -19 -20 -21 -22 -23 -24 -25 -26 -27 -28 -29 -30 -31 -32 -33 -34 -35 -36 -37 -38 -39 -40 -41 -42 -43 -44 -45 -46 -47 -48 -49 -50 -51 -52 -53 -54 -55 -56 -57 -58 -59 -60 -61 -62 -63 -64 -65 -66 -67 -68 -69 -70 -71 -72 -73 -74 -75 -76 -77 -78 -79 -80 -81 -82 -83 -84 -85 -86 -87 -88 -89 -90 -91 -92 -93 -94 -95 -96 -97 -98 -99 -
Praza do Concello s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galiza - Tfno. 981 492 773 - Fax 981 492 772 Nota Legal
Actualidade Novas Axenda Podcast
Participa Fai Novas Enquisas Foros