Publicidade Radiofusion
Praza do Concello s/n 15500 Fene (A Coruña) Galiza Tfno. 981 492 773 - Fax 981 492 772
Fai de Radiofusión a túa páxina de inicioRSS   BOLETÍN   CONTACTO
http://www.wikio.es
Envíar a Chuza

Radiofusión: A programación das Radios Municipais Galegas

Hoxe é Sábado 23 de Xuño de 2018

Emisoras > Radio Ordes

Información da emisora Novas da emisora

A asociación desenvolve diferentes actividades ao longo do ano

Vodas de prata da Asociación de Amas de Casa e Consumidores de Ordes

Sociedade 14/10/2010
  Envía a túa opinión

Un cuarto de século de asociacionismo, actividades e reivindicación social. Ésta é a bagaxe dos 25 anos de vida da Asociación de Amas de Casa e Consumidores de Ordes, que este domingo celebran as súas vodas de prata. Co gallo desta efeméride o colectivo deseñou un programa de actos para conmemorar a unión dos seus membros e o seu protagonismo na vida ordense.


O curso non se desenvolverá sen a axuda da Consellaría de Traballo e Benestar

A Mancomunidade de Ordes solicitará á Xunta unha subvención para un curso de axentes de emprego

Sociedade 08/10/2010
  Envía a túa opinión

A mancomunidade de Ordes programa un curso de axentes de emprego e desenvolvemento local. Basearíase na formación destes profesionais que colaboran na implantación de políticas activas de emprego. O curso diríxese á creación de empresas, promotores de actividades, asesores de proxectos empresariais e, incluso, a prospectores de mercado. Os concellos que forman a mancomunidade de Ordes acordaron solicitar unha subvención á Xunta para poder levar adiante estes cursos.


Imaxe do curso

Ordes deu por finalizado o curso de socorrista acuático dirixido a desempregados

Sociedade 30/09/2010
  Envía a túa opinión

O municipio ordense deu por finalizado un curso enmarcado dentro da programación de accións formativas dirixidas prioritariamente para persoas traballadoras desempregadas da Consellería de Traballo e Benestar da Xunta de Galicia. Concretamente trátase dun curso de socorrista acuático, que foi totalmente gratuíto para os participantes, e que daba comenzo o pasado 19 de xullo. No mesmo participaron 15 persoas que realizaron tanto clases prácticas na piscina climatizada e teóricas na Casa da Cultura.


Milla urbana no campo da feira de Ordes

Teatro, pintura, ioga, bailes de salón,...

Deportes 19/09/2010
  Envía a túa opinión

A Concellería de Cultura e Deportes de Ordes pon en marcha unha nova quenda de actividades destinadas ós veciños e veciñas de tódalas idades. Trátase dos obradoiros culturais e deportivos de outono e inverno e que darán continuidade os xa realizados en datas anteriores, gozando dunha gran aceptación por parte dos ordenses.


O incendio dun camión bloquea a autoestrada perto de Santiago

Sociedade 06/09/2010
  Envía a túa opinión

Un incendio fortuíto no camión-escenario da orquestra Panorama obrigou a cortar a autoestrada AP-9 á altura do quilómetro 61. O lume, declarado sobre as 16.30 no remolque do vehículo, provocou que os dous carrís en dirección cara á Coruña quedasen pechados ao tráfico.

1 -2 -3 -4 -5 -6 -7 -8 -9 -10 -11 -12 -13 -14 -15 -16 -17 -18 -19 -20 -21 -22 -23 -24 -25 -26 -27 -28 -29 -30 -31 -32 -33 -34 -35 -36 -37 -38 -39 -40 -41 -42 -43 -44 -45 -46 -47 -48 -49 -50 -51 -52 -53 -54 -55 -56 -57 -58 -59 -60 -61 -62 -63 -64 -65 -66 -67 -68 -69 -70 -71 -72 -73 -74 -
Praza do Concello s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galiza - Tfno. 981 492 773 - Fax 981 492 772 Nota Legal
Actualidade Novas Axenda Podcast
Participa Fai Novas Enquisas Foros