Publicidade Radiofusion
Praza do Concello s/n 15500 Fene (A Coruña) Galiza Tfno. 981 492 773 - Fax 981 492 772
Fai de Radiofusión a túa páxina de inicioRSS   BOLETÍN   CONTACTO
http://www.wikio.es
Envíar a Chuza

Radiofusión: A programación das Radios Municipais Galegas

Hoxe é Xoves 21 de Xuño de 2018

Emisoras > Radio Neria

Información da emisora Novas da emisora

A moza seleccionada terá que realizar un obradoiro de música galega tradicional

O Concello de Boiro participa nun novo Proxecto Europeo

Sociedade 24/11/2010
  Envía a túa opinión

O Concello de Boiro participará nun novo intercambio xuvenil que se celebrará en Sicilia (Italia) do 26 de Novembro ao 3 de Decembro. Neste intercambio xuvenil, participarán xóvenes menores de 25 anos de Bulgaria, Grecia, Portugal, Rumanía e Italia. O obxectivo principal deste encontro é  establecer un espazo de debate sobre temas que lle interesan aos xóvenes de cada país como o medio ambiente, as posibilidades de inserción laboral dos xóvenes, o acceso a vivenda ou a exclusión social para expresalas a través da arte (graffiti, reciclaxe, música etc...).


Os socialistas galegos propoñen a recuperación do seguro colectivo de accidentes no mar e do seguro de mal tempo

O PSdeG presenta as enmendas para o sector pesqueiro

Institucional 22/11/2010
  Envía a túa opinión

A portavoz de Pesca do Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia, Marisol Soneira, vén de anunciar que as emendas socialistas aos orzamentos da Consellería do Mar cambiando de destino, ou asignándolles unha función concreta, supoñen 37.435.358 euros. Isto significa un 21,32% mais da proposta enviada o Parlamento polo Goberno de Feijoo. A deputada socialista replica que as emendas do PSdeG-PSOE pretenden impulsar a racionalización do gasto, a recuperación económica e o apoio a flota costeira artesanal que é a que mais emprego e mais cohesión xeral.


Gallego sinala a graves situación pola que atravesa a empresa xestora da planta

Carmen Gallego (PSdG) : “Ecoembes rouba aos concellos galegos en connivencia coa Xunta”

Institucional 19/11/2010
  Envía a túa opinión

Gallego interviu na Comisión 2ª do Parlamento para reclamar ao Goberno, mediante unha proposición, negociar no novo Convenio Marco con Ecoembes que ten que entrar en vigor a partires do 1 de xaneiro de 2011 as condicións de retirada e pago relativas á selección da totalidade dos envases recuperados no Complexo Ambiental de Lousame. Tamén solicita anticipar á Mancomunidade de concellos Serra de Barbanza a contía económica necesaria para o normal funcionamento da planta que a propia Xunta de Galicia vai recadar das retencións que fai os concellos do Fondo de Cooperación Local para este fin. E por último outorgar unha axuda de 500.000 euros para a ampliación do Complexo Ambiental de Lousame. A iniciativa foi rexeitada polo PP.


O prazo remata o 26 de novembro

Ábrese o prazo para solicitar axudas ao deporte federado

Deportes 18/11/2010
  Envía a túa opinión

O Concello de Boiro vén de aprobar na Xunta de Goberno Local  as “Bases específicas da convocatoria de axudas ao deporte federado e de axudas para o fomento de actividades deportivas e outras actividades físicas de tempo libre”, así como as “Bases específicas da convocatoria 2010 de bolsas a deportistas”. No primeiro dos programas, o seu obxectivo básico é o apoio ás entidades deportivas en ánimo de lucro na realización de actividades deportivas e de tempo libre e  respaldar a participación dos clubes federados en ligas e competicións oficiais. O segundo está destinado a apoiar a deportistas de talento, tanto na súa preparación e práctica como na participación en eventos deportivos.


O Prestige afundindose

8 anos do desastre do Prestige

Sociedade 13/11/2010
  Envía a túa opinión

Tal dia como hoxe do ano 2002, o petroleiro Prestige, cargado con 77.000 toneladas de fuel oil lanzou un SOS a unhas 28 millas de Fisterra. Comezou a maior catástrofe ecolóxica da costa galega. Oito anos despois os expertos continuan reclamando a prohibición dos petroleiros monocasco en todo o mundo. Advirten do risco para o futuro do planeta que representa a navegación destes buques.

1 -2 -3 -4 -5 -6 -7 -8 -9 -10 -11 -12 -13 -14 -15 -16 -17 -18 -19 -20 -21 -22 -23 -24 -25 -26 -27 -28 -29 -30 -31 -32 -33 -34 -35 -36 -37 -38 -39 -40 -41 -42 -43 -44 -45 -46 -47 -48 -49 -50 -51 -52 -53 -54 -55 -56 -57 -58 -59 -60 -61 -
Praza do Concello s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galiza - Tfno. 981 492 773 - Fax 981 492 772 Nota Legal
Actualidade Novas Axenda Podcast
Participa Fai Novas Enquisas Foros