Publicidade Radiofusión
Praza do Concello s/n 15500 Fene (A Coruña) Galiza Tfno. 981 492 773 - Fax 981 492 772
Fai de Radiofusión a túa páxina de inicioRSS   BOLETÍN   CONTACTO
http://www.wikio.es
Envíar a Chuza

Radiofusión: A programación das Radios Municipais Galegas

Hoxe é Venres 19 de Xaneiro de 2018

Emisoras > Radio Arzúa

Información da emisora Novas da emisora

Comezan en Arzúa as obras de mellora da estrada a Pontecarreira

Sociedade 15/03/2010
  Envía a túa opinión

Acaban de dar comezo en Arzúa as obras de construcción de beirarrúas na estrada que conduce dende este municipio ata o de Pontecarreira, na que se investirán máis de 160.000 euros para a construción de beirarrúas e dun paseo peonil.


A mostra estará en Arzúa ata o 21 de marzo

Arzúa acolle a exposición do premio de artesanía Antón Fraguas

Cultura 15/03/2010
  Envía a túa opinión

A Capela da Madanela de Arzúa acolle estes días a mostra de traballos presentados no certame de artesanía do premio Antón Fraguas, que convoca a Deputación Provincial da Coruña, e que este ano cumpre a súa VIII edición. Un certame que aposta pola artesanía tanto tradicional como contemporánea.


Unha das primeiras edicións da Feira do Queixo e do Pan de Ousá en Friol

Friol, o glamour do rural

Sociedade 14/03/2010
 4 comentario/s - Envía a túa opinión

A Feira do Queixo e do Pan de Ousá encherá de visitantes Friol o vindeiro domingo 21 de marzo. O conselleiro do Medio Rural Samuel Juarez inaugurará o evento no que se agardan, se o tempo acompaña, arredor de 50.000 persoas. Será o dia máis trascendental do ano neste municipio lugués.


Os vigueses Belop gañaron o concurso Queixo Maquetón 2010

Nen a crise nen o mal tempo puideron co Queixo de Arzúa

Sociedade 08/03/2010
  Envía a túa opinión

Nen a crise nen o mal tempo puido coa Festa do Queixo de Arzúa. A vila veuse colapsada pola afluencia de vehiculos e visitantes a mediodia do domingo. A conselleira de Traballo Beatriz Mato foi unha das persoalidades que pasou por Arzúa. Desde o venres ata o domingo, numerosos visitantes se achegaron para gozar, coa música, as actividades e adquirir as diferentes variedades de queixos postos á venda no recinto feiral. Os empresarios amosáronse moi satisfeitos coas vendas, segundo aseguran fontes municipais.


Imaxe da representación da obra

“O xogo de Yalta. Afterplay” centra o programa cultural desta fin de semana en Compostela

Cultura 05/03/2010
  Envía a túa opinión

O xogo de Yalta. Afterplay, a última produción de Teatro do Atlántico represéntase esta fin de semana no Salón Teatro de Santiago. Unha obra que reúne nun único espectáculo dúas pezas do dramaturgo irlandés Brian Friel e coa que a compañía galega celebra os seus 25 anos de traxectoria artística. Con dirección escénica de Xúlio Lago, o cuarteto interpretativo que compoñen Victoria Pérez, Damián Contreras, Gonzalo M. Uriarte e María Barcala ofrecerá funcións desta montaxe hoxe venres e mañá sábado ás oito e media do serán e o domingo ás seis da tarde. 

1 -2 -3 -4 -5 -6 -7 -8 -9 -10 -11 -12 -13 -14 -15 -16 -17 -18 -19 -20 -21 -22 -23 -24 -25 -26 -27 -28 -29 -30 -31 -32 -33 -34 -35 -36 -37 -38 -39 -40 -41 -42 -43 -44 -45 -46 -47 -48 -49 -50 -51 -52 -53 -54 -55 -56 -57 -58 -
Praza do Concello s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galiza - Tfno. 981 492 773 - Fax 981 492 772 Nota Legal
Actualidade Novas Axenda Podcast
Participa Fai Novas Enquisas Foros