Publicidade Radiofusion
Praza do Concello s/n 15500 Fene (A Coruña) Galiza Tfno. 981 492 773 - Fax 981 492 772
Fai de Radiofusión a túa páxina de inicioRSS   BOLETÍN   CONTACTO
http://www.wikio.es
Envíar a Chuza

Radiofusión: A programación das Radios Municipais Galegas

Hoxe é Sábado 23 de Xuño de 2018

Emisoras > Radio Culleredo

Información da emisora Novas da emisora

Coro da Fundación dos Ferrocarrís españois

Música nos andéns galegos

Sociedade 16/12/2011
  Envía a túa opinión

O sábado 17 de decembro na Coruña e o domingo 18 en Ourense. As estacións de Adif da Coruña e Ourense-Empalme acollen a actuación do Coro da Fundación dos Ferrocarrís Españois. O conxunto, composto por 40 voces mixtas, interpretará un variado repertorio que inclúe algúns temas populares galegos.  Esta iniciativa forma parte das accións recollidas no Plan Empresa Cidadá de Responsabilidade Social Corporativa de Adif, a través do Programa Estación Aberta.


Sangue, bágoas e impotencia

Un home mata á súa ex-parella en Carral

Sociedade 12/12/2011
  Envía a túa opinión

Matilde Vázquez Ramallal, de 38 anos de idade, faleceu na localidade coruñesa de Carral tras ser apuñalada pola súa exparella, Lino Botana, no seu lugar de traballo, segundo confirmaron efectivos de Protección Civil que acudiron ao lugar do suceso. Segundo indicaron fontes da Garda Civil, o home --de 39 anos de idade-- fuxiu co vehículo da muller, que, posteriormente, foi localizado no municipio limítrofe de Abegondo, en Sarandóns. Alí, segundo o relato do alcalde de Carral, José Luís Fernández Mouriño, prendeu lume a unha vivenda da súa propiedade e posteriormente aforcouse.


A Sala The Star acolle a estrea de “HaiPOD”

Pepo Suevos, Oswaldo Digón e David Amor convértense nun “comando tecnolóxico”

Cultura 03/12/2011
  Envía a túa opinión

Despois de miles de horas facendo rir en bares, os monologuistas Pepo Suevos, Oswaldo Digón e David Amor deciden dar o salto aos grandes escenarios para outorgarlle unha nova dimensión ao seu traballo. Preestrean o seu espectáculo conxunto, HaiPOD, este domingo na Sala The Star de Carral, co obxectivo de levalo despois de xira polos teatros. O título, no que xogan coas iniciais dos seus nomes, dá unha pista da temática na que se centrarán: a dependencia dos aparellos tecnolóxicos.


Porto de Zorrizo. Arteixo

Salvamento Marítimo recupera o corpo do percebeiro caído ao mar en Arteixo

Sociedade 29/11/2011
  Envía a túa opinión

A Garda Civil localizóu o corpo do percebeiro ás 1.35 horas desta mañán e posteriormente o  “Helimer 204”  recuperouno e trasladouno ao aeroporto de Alvedro. Lembramos que o desaparecido mariscaba con outro compañeiro que tamén caeu ao mar, pero este puido alcanzar a costa polos seus propios medios e salvarse.


Avenida principal do polígono do Espiritu Santo en Cambre

Un home morto nun accidente de tráfico en Cambre

Sociedade 18/11/2011
  Envía a túa opinión

Un home faleceu esta madrugada en Cambre (A Coruña) cando o vehículo no que viaxaba saíuse da estrada nunha curva e chocou contra unha vivenda, segundo informa a Garda Civil da Coruña. O condutor do coche resultou ferido grave, mentres que un terceiro ocupante resultou ferido leve.

1 -2 -3 -4 -5 -6 -7 -8 -9 -10 -11 -12 -13 -14 -15 -16 -17 -18 -19 -20 -21 -22 -23 -24 -25 -26 -27 -28 -29 -30 -31 -32 -33 -34 -35 -36 -37 -38 -39 -40 -41 -42 -43 -44 -45 -46 -47 -48 -49 -50 -51 -52 -53 -54 -55 -56 -57 -58 -59 -60 -61 -62 -63 -64 -65 -66 -67 -68 -69 -70 -71 -72 -73 -74 -75 -76 -77 -78 -79 -80 -81 -82 -83 -84 -85 -86 -87 -88 -89 -90 -91 -92 -93 -94 -95 -96 -97 -98 -99 -
Praza do Concello s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galiza - Tfno. 981 492 773 - Fax 981 492 772 Nota Legal
Actualidade Novas Axenda Podcast
Participa Fai Novas Enquisas Foros