Envía a túa opinión
A actriz Charo López acude a Ferrol, no centenario do nacemento de Torrente Ballerter, para falar da obra do escritor ferrolán “Los gozos y las sombras” que ela protagonizóu como serie televisiva nos anos 80 en TVE e que lle reportou unha grande popularidade no lanzamento da sua carreira.
Envía a túa opinión
Ferrol acollerá este venres ás 20 horas unha acción a pé de rúa que servirá para promocionar a Semana da Ciencia 2010 que se celebra do 8 ao 21 de novembro, promovida polo Ministerio de Ciencia e Innovación a través da fundación FECYT (Fundación Española para a Ciencia e a Tecnoloxía).
Envía a túa opinión
A proposta das taxas municipais de Fene para o 2011 xa está zanxada. O grupo de goberno levaas ao pleno extraordinario convocado para o próximo xoves. Esta mañán reuniuse a comisión de Facenda e agás a oposición manifesta do grupo popular, tanto o BNG como EU resérvanse a sua postura definitiva para o pleno.
Envía a túa opinión
O doutor en Psicoloxía, primeiro Defensor do Menor, Javier Urra impartirá mañá martes na Casa Solidaria de Ferrol unha conferencia na que ofrecerá aos asistentes as “receitas” para compartir felicidade ao tempo que dará “consellos de amigo para desfrutar da vida”. Será ás 19.30 horas e está organizada polo Concello de Ferrol e o Instituto Coca-Cola de la Felicidad.
Envía a túa opinión
Por primeira vez na súa historia, Ferrol conmemorará o Día Mundial en Memoira das Vítimas de Accidentes de Tráfico. Por este motivo, a Praza de España acollerá o vindeiro domingo 21 de novembro un conxunto de actos organizados pola Concellería de Tráfico en colaboración coa Asociación de Axuda e Orientación aos Afectados por Accidentes de Tráfico, Stop Accidentes.