Envía a túa opinión
O doutor en Psicoloxía, primeiro Defensor do Menor, Javier Urra impartirá mañá martes na Casa Solidaria de Ferrol unha conferencia na que ofrecerá aos asistentes as “receitas” para compartir felicidade ao tempo que dará “consellos de amigo para desfrutar da vida”. Será ás 19.30 horas e está organizada polo Concello de Ferrol e o Instituto Coca-Cola de la Felicidad.
Envía a túa opinión
Por primeira vez na súa historia, Ferrol conmemorará o Día Mundial en Memoira das Vítimas de Accidentes de Tráfico. Por este motivo, a Praza de España acollerá o vindeiro domingo 21 de novembro un conxunto de actos organizados pola Concellería de Tráfico en colaboración coa Asociación de Axuda e Orientación aos Afectados por Accidentes de Tráfico, Stop Accidentes.
Envía a túa opinión
Un musico de A Estrada, o xove de 17 anos, Fabio Parada, é o único galego que participa no Concurso Internacional de Piano de Ferrol xunto a outros 19 procedentes de varios paises. As probas eliminatorias, abertas ao público, comenzan hoxe e se celebrarán ata o venres en horario de tarde, de cinco a nove da tarde.
1 comentario/s - Envía a túa opinión
44 postos de traballadores interinos do Centro de Atención a Persoas con Discapacidade ”Souto de Leixa” de Ferrol atópanse baixo un futuro incerto e ante a decisión da Xunta de privatizar a xestión do novo centro-residencia. "Con esta medida o executivo galego non só pon en perigo un importante número de postos de traballo, senón que rebaixa a calidade asistencial, tira por terra anos de traballo e ensino, entregando un servizo público moi necesario a unha empresa para que faga negocio coas nosas necesidades asistenciais e protección social ás persoas dependentes", afirmou o secretario xeral da FETE-UGT, Marcelino Brea. “Privatizar un centro de alumnos con discapacidade, que requiren dunha atención moi especial, responde a intereses de rendabilidade económica cando o que debería primar é a atención ás persoas”, destacou o representante sindical.
2 comentario/s - Envía a túa opinión
Entre 1936 e 1939 a Pirotecnia de Maniños convertiuse en fábrica de armas. Arredor de 500 persoas empregadas na instalación fabricaban unhas bombas de mán moi potentes. Enchíanse con cloroxina, un produto inventado polo director da factoría Francisco García Pazos.