Navantia paralisou a actividade a primeiras horas desta mañá en sinal de loito polo accidente laboral acaecido a pasada noite. As sete da mañá os empregados reuníronse en asemblea e aprobaron a realización desa medida.
O Real Coro "Toxos e Froles" inicia as actividades de celebración do centenario cunha xornada de irmanamento á que están convidados os socios, coristas actuais e as persoas que nalgún momento formaron parte do Toxos ao longo dos 100 anos de vida. Será este venres 27 de marzo, ás 20.30.
Navantia e o Arsenal Militar abrirán as súas portas ao público do 2 ao 5 de abril. O Concello de Ferrol recupera en Semana Santa a Ruta da Construcción Naval e as visitas teatralizadas ao Castelo de San Felipe. Para as visitas guiadas será necesario realizar unha inscrición previa na oficina de Turismo situada na dársena de Curuxeiras; ou ben chamando ao teléfono: 696 531 070.
A concelleira de EU, Mª Carmen Martínez, anunciaba esta mañá nas Foxas de Radio Fene que esta formación política vend e alugar un local que fará de sede durante a campaña electoral e seguirá sendoo de maneira estable despois. A sede de EU de Fene ubícase no edificio dos soportais, con entrada pola Rúa do Sartego nº 2. Avanzada está a candidatura que renovará os membros, agás cinco que repiten. Só falta ordenala e que a asamblea de afiliados lle dea o visto e prace, tamén á súa candidatura á alcaldía de Fene.
O local veciñal de Sillobre - Fene- abarrotouse de veciños-as que seguiron con atención a charla pola celebración do Dia Mundial da Auga. Da auga como fonte de traballo e riqueza guióu o discurso de Henrique Sanfiz na súa intervención. Falou de duas fábricas nacidas en Sillobre á beira do Belelle; a fábrica de papel e a Central eléctrica, que xunto á de Caldas de Reis foron as primeiras de Galicia. Quedou no ar a hipótese de que a “Historia de Galicia” de Benito Vicetto, se editase en papel feito en Sillobre. María Rivera, autora do libro “Sillobre ven de antigo” centrouse nos oficios rexistrados na parroquia, sobre todo nos relacionados coa auga como as lavandeiras, os muíños, chegando a haber 15 no século XIX. Tamén dos fornos para cocer ou da forxa de Buio.