Publicidade Radiofusion
Praza do Concello s/n 15500 Fene (A Coruña) Galiza Tfno. 981 492 773 - Fax 981 492 772
Fai de Radiofusión a túa páxina de inicioRSS   BOLETÍN   CONTACTO
http://www.wikio.es
Envíar a Chuza

Radiofusión: A programación das Radios Municipais Galegas

Hoxe é Martes 24 de Abril de 2018

Emisoras > Radio Ordes

Información da emisora Novas da emisora

O goberno ordense pon especial fincapé na dotación de servizos básicos no rural

O goberno de Ordes inicia as obras de saneamento e abastecemento na Carballeira en Cabeza de Lobo

Sociedade 03/09/2010
  Envía a túa opinión

O Concello de Ordes segue a poñer en marcha unha serie de obras co fin de dotar a todo o municipio dos servizos básicos facendo un especial fincapé no medio rural. Hai uns dias comezaban as obras correspondentes ao saneamento e  abastecemento de auga na Carballeira, en Cabeza de Lobo na parroquia de Ardemil. Uns traballos cos que segundo explicou o concelleiro de Obras e Urbanismo, Roberto González, “esperamos poder cubrir as necesidades máis prioritarias dos nosos veciños e veciñas, como é o servizo de saneamento e abastecemento de auga”.


Voluntarios de Ordes

Voluntarios inspeccionan a calidade dos ríos

Sociedade 02/09/2010
  Envía a túa opinión

O Concello de Ordes, desde o programa Voluntariado Verde, está a traballar no primeiro dos seus bloques de actuación correspondente ao  programa de Defensa dos Ríos. Unha iniciativa de concienciación, educación e participación cidadá en defensa dos nosos ríos. O grupo de voluntarios acompañados por membros da Asociación de Veciños de Beán participaron na inspección da calidade das augas nun tramo do río Ulloa, ao seu paso pola parroquia de Beán.


Os comerciantes poden presentar as súas solicitudes ata o 6 de setembro

A segunda fin de semana de setembro celébrase a II Feira de Saldos en Ordes

Sociedade 31/08/2010
  Envía a túa opinión

O Concello de Ordes organiza, por segundo ano consecutivo, a Feira de Saldos da localidade, para o que conta coa colaboración da Asociación de Comerciantes de Ordes. A feira terá lugar os días 11 e 12 de setembro para que veciños e visitantes do municipio adquiran, a prezos económicos, produtos de calidade dos establecementos comerciais ordenses. Como en ocasións anteriores espérase contar con comercios de diferentes sectores como a moda, o calzado, os complementos, decoración, bixutería ou alimentación entroutros. Os postos de venda estarán instalados na Alameda.


O SLG de Ordes fai festa para demandar “un mundo rural vivo”

Sociedade 30/08/2010
  Envía a túa opinión

O Sindicato Labrego Galego de Ordes celebra mañá martes, 31 de agosto, a súa tradicional Romaría “Por un mundo rural vivo”. O evento terá lugar no campo da feira da área recreativa do río Mercurín, no propio concello ordense. Nesta oitava edición os agricultores e gandeiros demandarán novamente poder vivir da terra e dos seus produtos con dignidade, xa que, segundo comentou en Radiofusión un dos organizadores do evento, José Manuel Calvo, “cada ano é máis difícil continuar coa actividade no sector”.


115 nenos e nenas participaron na Escola de Verán 2010

Festa de despedida da Escola de Verán de Ordes

Sociedade 25/08/2010
  Envía a túa opinión

O Concello de Ordes empeza a despedir as actividades de verán, e se ben a mediados deste mes se poñía fin á programación do Verán Cultural, nesta ocasión despedirase a Escola de Verán. Nela participaron máis de 115 nenos e nenas durante os meses de xullo e agosto. O próximo 31 de agosto, celebrarase a festa de clausura desta actividade que terá a piscina municipal de O Muíño como escenario.

1 -2 -3 -4 -5 -6 -7 -8 -9 -10 -11 -12 -13 -14 -15 -16 -17 -18 -19 -20 -21 -22 -23 -24 -25 -26 -27 -28 -29 -30 -31 -32 -33 -34 -35 -36 -37 -38 -39 -40 -41 -42 -43 -44 -45 -46 -47 -48 -49 -50 -51 -52 -53 -54 -55 -56 -57 -58 -59 -60 -61 -62 -63 -64 -65 -66 -67 -68 -69 -70 -71 -72 -73 -74 -
Praza do Concello s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galiza - Tfno. 981 492 773 - Fax 981 492 772 Nota Legal
Actualidade Novas Axenda Podcast
Participa Fai Novas Enquisas Foros