Publicidade Radiofusion
Praza do Concello s/n 15500 Fene (A Coruña) Galiza Tfno. 981 492 773 - Fax 981 492 772
Fai de Radiofusión a túa páxina de inicioRSS   BOLETÍN   CONTACTO
http://www.wikio.es
Envíar a Chuza

Radiofusión: A programación das Radios Municipais Galegas

Hoxe é Sábado 23 de Xuño de 2018

Emisoras > Radio Eume

Información da emisora Novas da emisora

Eólica do Noroeste promove o parque de A Valiña

A Xunta aproba definitivamente o proxecto do parque eólico A Valiña nas Pontes

Sociedade 06/08/2009
  Envía a túa opinión

O Consello da Xunta de Galicia aprobou hoxe definitivamente o proxecto sectorial do

parque eólico A Valiña, no concello das Pontes (A Coruña). Este proxecto, promovido

pola empresa Eólicos del Noroeste S.L, prevé a instalación de oito aeroxeradores, que

contarán cunha potencia de 6,8 MW.


Fernando Blanco e Henrique Vieitez hoxe no Parlamento Galego

Fernando Blanco: Había baremos e transparéncia no concurso eólico

Sociedade 05/08/2009
  Envía a túa opinión

Os deputados do BNG Henrique Vieitez e Fernando Blanco negaron esta tarde a existencia de ilegalidade na adxudicación de muiños de vento realizada pola anterior Xunta de Galicia. A participación pública estaba lexitimada e se incluiu respetando as matizacións aportadas polo Consello Consultivo, afirmou o conselleiro de Innovación e Industria. Os nacionalistas acusaron ao PP de plegarse aos intereses das grandes empresas eléctricas.


No seu dia, Endesa presentou o único recurso ao decreto eólico

A nulidade do decreto eólico supoñería paralisar 5.000 millóns de euros de investimentos

Sociedade 05/08/2009
  Envía a túa opinión

A hipotética anulación do decreto eólico supoñería paralisar os 5.000 millóns de euros dos proxectos industriais asociados ás 29 concesións realizadas polo goberno bipartito. Dous periódicos de Galicia anuncian hoxe a pretendida intención da Xunta de Galicia de anular mañá no Consello a citada disposición. No seu dia, Endesa presentou o único recurso contra o decreto.


Pedro Brandariz

O cómico Pedro Brandariz actúa nas Pontes

Sociedade 03/07/2009
  Envía a túa opinión

O monologuista e actor Pedro Brandariz representará o seu monólogo cómico PGU nas Pontes. O cómico relata as “andanzas e desandanzas” da súa vida de gordo, dende a súa primeira infancia ata os nosos días. A cita celebrarase no Pub Tropicana a partir da medianoite.


A xornada celebrarase no Centro de Dinamización Empresarial de Penapurreira

As empresas familiares das Pontes aprenderán claves para afrontar a crise

Sociedade 29/06/2009
  Envía a túa opinión

A Asociación de Empresarios Usuarios de Chan Industrial das Pontes (SEARA) organiza unha xornada formativa baixo o título Medidas de protección da empresa familiar diante do contexto de crise actual. A actividade desenvolverase mañá martes día 30 no Centro de Dinamización Empresarial de Penapurreira, tal como informa Xosé Montero desde Radio Eume.

1 -2 -3 -4 -5 -6 -7 -8 -9 -10 -11 -12 -13 -14 -15 -16 -17 -18 -19 -20 -21 -22 -23 -24 -25 -26 -27 -28 -29 -30 -31 -32 -33 -34 -35 -36 -37 -38 -39 -40 -41 -42 -43 -44 -45 -46 -47 -48 -49 -50 -
Praza do Concello s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galiza - Tfno. 981 492 773 - Fax 981 492 772 Nota Legal
Actualidade Novas Axenda Podcast
Participa Fai Novas Enquisas Foros