Publicidade Radio Fene
Praza do Concello s/n 15500 Fene (A Coruña) Galiza Tfno. 981 492 773 - Fax 981 492 772
Fai de Radiofusión a túa páxina de inicioRSS   BOLETÍN   CONTACTO
http://www.wikio.es
Envíar a Chuza

Radiofusión: A programación das Radios Municipais Galegas

Hoxe é Luns 23 de Xullo de 2018

Emisoras > Radio Allariz

Información da emisora Novas da emisora

Allariz celebra esta tarde o pleno ordinario de xuño

Institucional 25/06/2010
  Envía a túa opinión

O salón de actos do Concello de Allariz acolle ás sete e media desta tarde a reunión do pleno municipal correspondente ó mes de xuño. Entre outros asuntos falarase da solicitude de axuda económica á Consellería de Economía e Industria para o soterramento de infraestruturas eléctricas ou a aprobación provisional da imposición da taxa e da ordenanza reguladora correspondente á prestación do servizo do Festival Internacional de Xardíns.


O consistorio alaricano presenta as oito creacións do Festival Internacional de Xardíns de Allariz

Institucional 25/06/2010
  Envía a túa opinión

O alcalde de Allariz, Francisco García, acompañado de Francisco Caldeira e Elsa Severino, veñen de presentar as oito creacións destes arquitectos paisaxistas que estarán expostas no Festival de Xardíns de Allariz. “Para o concello é un motivo de orgullo e satisfacción contar con dous prestixiosos arquitectos paisaxistas a nivel internacional que colaboran dun xeito altruísta co Festival Internacional de Xardíns de Allariz”, asegurou o rexedro.


A Oficina de Información Xuvenil de Allariz trasládase á Casa da Mocidade

Sociedade 22/06/2010
  Envía a túa opinión

A Casa da Mocidade acolle, dende esta semana, a Oficina Municipal de Información Xuvenil, onde os mozos e mozas de Allariz poderán solicitar o Carné Xove ou recibir información sobre cursos, bolsas e todas as actividades que se realicen tanto dende a Casa da Mocidade de Allariz coma a nivel galego.


Imaxe corporativa do Festival de Xardíns

O Concello de Allariz presentou a imaxe corporativa do Festival de Xardíns

Institucional 21/06/2010
  Envía a túa opinión

O alcalde de Allariz, Francisco García, acompañado do deseñador gráfico Juan Marcet e o deseñador de webs Francisco Feijóo, presentou a imaxe corporativa do Festival Internacional de Xardíns, que será inaugurado o vindeiro 8 de xullo. O rexedor reiteraba, nesta ocasión, que “este non é un proxecto máis senón que é un proxecto estratéxico de futuro para Allariz” e destacaba que “esta iniciativa pioneira en Galicia e no resto do Estado encaixa na dinámica da xestión do concello coa posta en valor do patrimonio histórico-artístico, medioambiental e inmaterial” e que converterá a Allariz “nun referente en paisaxismo, arquitectura, deseño, arte e xardín que reforzará, ademais, a capacidade de atracción turística contribuíndo á dinamización económica da vila”.



Allariz acolle o I Festival da Mocidade

Cultura 15/06/2010
  Envía a túa opinión

O Fogar do Maior de Allariz será o escenario da primeira edición do Festival da Mocidade, que se celebrará este venres ás dez e media da noite e no que participarán as persoas usuarias do Local de Ensaio. Os alumnos das clases de baixo, batería e guitarra eléctrica, mesturados en catro grupos, demostrarán o aprendido no curso abordando distintos xéneros musicais como jazz ou rock. Nesta tarde musical acompañarán, ademais, o grupos, xa consolidados, Tabú, Tánguete e Outras, todos integrados por veciños alaricanos.


 

1 -2 -3 -4 -5 -6 -7 -8 -9 -10 -11 -12 -13 -14 -15 -16 -17 -18 -19 -20 -21 -22 -23 -24 -25 -26 -27 -28 -29 -30 -31 -32 -33 -34 -35 -36 -37 -38 -39 -40 -41 -42 -43 -44 -45 -46 -47 -48 -49 -50 -51 -52 -53 -54 -55 -56 -57 -58 -59 -60 -61 -62 -63 -64 -65 -66 -67 -68 -69 -70 -71 -72 -73 -74 -75 -76 -77 -78 -79 -80 -81 -82 -
Praza do Concello s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galiza - Tfno. 981 492 773 - Fax 981 492 772 Nota Legal
Actualidade Novas Axenda Podcast
Participa Fai Novas Enquisas Foros