Publicidade Radiofusión
Praza do Concello s/n 15500 Fene (A Coruña) Galiza Tfno. 981 492 773 - Fax 981 492 772
Fai de Radiofusión a túa páxina de inicioRSS   BOLETÍN   CONTACTO
http://www.wikio.es
Envíar a Chuza

Radiofusión: A programación das Radios Municipais Galegas

Hoxe é Venres 19 de Xaneiro de 2018

Emisoras > Radio Redondela

Información da emisora Novas da emisora

Mobilización sindical en Ferrol

Montoro: «Se non sobe a recadación, está en risco o pago das nóminas»

Sociedade 18/07/2012
  Envía a túa opinión

"Se non sobe a recadación, está en risco o pago das nóminas dos funcionarios e empregados públicos" afirmou esta mañá no Congreso dos Deputados o ministro de Facenda Cristobal Montoro. As manifestacións do membro do executivo coincidiron coa xornada previa a un dia de mobilizacións cunha participación que se agarda que sexa histórica. Os sindicatos aseguran que o malestar social é tan grande e abarca a tantos sectores económicos, sociais e políticos, que o goberno debe rectificar ou dimitir.


As grandes superficies poderán abrir 10 domingos ao ano, en lugar dos 8 actuais

A supersubida do IVE

Sociedade 13/07/2012
  Envía a túa opinión

Moitos produtos pasarán o 1 de setembro de tributar co 8 ao 21%. Os dentistas, o cine, as bebidas alcohólicas e o tabaco pasarán do tipo reducido ao xeral. O Consello de Ministros deu esta mañá luz verde ao axuste máis duro da democracia. A pequena empresa e os economistas alertan dun empobrecemento masivo.


Galicia canibal

A Galicia máis canibal chega a Vigo

Cultura 11/07/2012
  Envía a túa opinión

"Trasladar ao xénero do musical o fenómeno coñecido como movida galega da década dos 80". Esa foi a idea orixinal de Antón Reixa á hora de plasmar o Galicia canibal. O espectáculo da produtora galega Filmanova Invest estrease este xoves dia 12 no Centro Cultural Novacaixagalicia en Vigo co patrocinio de Estrella Galicia.


Os nacionalistas denuncian que a luz subise un 70% en Galicia en seis anos

Denuncian a suba da luz en Galicia, “onde se produce máis electricidade da que se consume”

Sociedade 01/07/2012
  Envía a túa opinión

A tarifa da luz sobe hoxe preto dun 4%. O candidato do BNG á Presidencia da Xunta, Francisco Jorquera, oponse a este novo incremento da enerxía eléctrica. O deputado nacionalista pregúntase “como é posible que nos últimos seis anos a electricidade en Portugal baixase de prezo o 25% cando é un país que importa practicamente toda a electricidade que consume, e ao mesmo tempo, Galicia, que produce moita máis electricidade da que consume, en cambio nos últimos seis anos a luz subise un 70%”.


Alameda da Praza de Compostela onde abre a feira

Vigo acolle a XXXVIII Feira do Libro

Sociedade 01/07/2012
 1 comentario/s - Envía a túa opinión

A XXXVIII edición da Feira do Libro de Vigo abre as súas portas na Praza de Compostela. Esta cita alongarase ata o 8 de xullo; o seu horario polas mañás é de 11:00 a 14:00 horas;  e os seráns, de  18:00 a 22:00 horas. A Feira coincide cando se vai cumprir -o vindeiro xoves- un ano da desaparición do Códice Calixtino, o manuscrito do século XII roubado da catedral de Santiago de Compostela

1 -2 -3 -4 -5 -6 -7 -8 -9 -10 -11 -12 -13 -14 -15 -16 -17 -18 -19 -20 -21 -22 -23 -24 -25 -26 -27 -28 -29 -30 -31 -32 -33 -34 -35 -36 -37 -38 -39 -40 -41 -42 -43 -44 -45 -46 -47 -48 -49 -50 -51 -52 -53 -54 -55 -56 -57 -58 -59 -60 -61 -62 -63 -64 -65 -66 -67 -68 -69 -70 -71 -72 -73 -74 -75 -76 -77 -78 -79 -80 -81 -82 -83 -84 -85 -86 -87 -88 -89 -90 -91 -92 -93 -94 -95 -96 -97 -98 -99 -100 -101 -102 -103 -104 -105 -106 -107 -108 -109 -110 -111 -112 -113 -114 -115 -116 -117 -118 -119 -120 -121 -122 -123 -124 -125 -126 -127 -128 -129 -130 -131 -132 -133 -134 -135 -136 -137 -138 -139 -140 -141 -142 -143 -144 -145 -146 -147 -148 -149 -150 -151 -152 -153 -154 -155 -156 -157 -158 -159 -160 -161 -162 -163 -
Praza do Concello s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galiza - Tfno. 981 492 773 - Fax 981 492 772 Nota Legal
Actualidade Novas Axenda Podcast
Participa Fai Novas Enquisas Foros