Publicidade Radiofusion
Praza do Concello s/n 15500 Fene (A Coruña) Galiza Tfno. 981 492 773 - Fax 981 492 772
Fai de Radiofusión a túa páxina de inicioRSS   BOLETÍN   CONTACTO
http://www.wikio.es
Envíar a Chuza

Radiofusión: A programación das Radios Municipais Galegas

Hoxe é Venres 27 de Abril de 2018

Emisoras > Radio Neria

Información da emisora Novas da emisora

Mexillón en escabeche de Os Dous de Sempre, a tapa gañadora

Premios Concurso de Tapas Concello de Boiro

Sociedade 08/11/2010
  Envía a túa opinión

O pasado venres entregáronse os premios do Concurso de Tapas con Mexillón de Boiro. Ao acto asistiu o alcalde, Xosé Deira, e a Concelleira de Turismo, Francisca Suárez Lijó. Durante os días 28, 29 e 30 de outubro, en horario de mediodía e de noite, as persoas que se achegaron a Boiro tiveron ocasión de degustar o mexillón de Boiro, elaborado de distintas formas: mexillón primaveira, mexillóns mariachi, brocheta de mexillón en tempura de almendra sobre crema de marisco,…e outras moitas tapas de inxenio que competiron por acadar o premio deste concurso de tapas.


Cartaz do club

A Biblioteca de Boiro crea un club de lectura infantil

Cultura 05/11/2010
  Envía a túa opinión

A Biblioteca Municipal do Concello de Boiro, baixo a coordinación de Anxo Campos, promove a creación dun club de lectura para rapaces, que ten como obxectivo gozar da lectura e do contacto cos libros, ofrecer novas posibilidades para o tempo libre, e potenciar a biblioteca como un bo sitio para atoparse con outros rapaces e compartir o tempo e o gusto pola lectura.


A tubaxe entrará en funcionamento o vindeiro 18 de novembro

Costas procederá á reparación dun tramo do colector en Praia Xardín

Sociedade 02/11/2010
  Envía a túa opinión

O Concello de Boiro vén de solicitar a Costas do Estado en Galicia e á empresa Vías e Obras o arranxo de parte do colector recentemente instalado, concretamente un tramo duns 200 metros de lonxitude en Praia Xardín, xa que se detectaron problemas no mesmo. O edil de Obras, Vías e Servizos, Juan Jesús Ares González, explicou que é preciso levantar o colector de saneamento neste tramo xa que, previo á posta en funcionamento, fixéronse unhas probas nas que se comprobaron que a inestabilidade do terreo nesta zona provocou un asentamento do mesmo, co cal as tuberías afundiron, quedando fóra de nivel.


Os armadores xa non contan con cobertura gratuíta

José Luis Rodríguez: “A decisión da Xunta desampara a 30 mil traballadores”

Institucional 29/10/2010
  Envía a túa opinión

A Asociación de Armadores de Artes Menores de Galicia (Asoar-Armega) esixe á Consellaría do Mar que reconsidere a decisión de eliminar o seguro colectivo de accidentes que daba cobertura a uns 30 mil traballadores de todo o sector (pescadores, mariscadores e armadores, entroutros profesionais). O pasado 1 de outubro, Mar impuxo a poliza do seguro Polar eliminado así a cobertura gratuíta.


Cartaz do certame

De tapeo por Boiro

Sociedade 28/10/2010
  Envía a túa opinión

A concellería de Turismo de Boiro, que dirixe Francisca Suárez Lijó, organiza un concurso de tapas entre bares e restaurantes da localidade. Entre hoxe e este sábado 30, en horario de mediodía e de noite, poderase degustar o mexillón de Boiro, elaborado de distintas formas: mexillón primaveira, mexillóns mariachi, brocheta de mexillón en tempura de almendra sobre crema de marisco,…e outras moitas tapas de inxenio que competirán por acadar o premio deste concurso de tapas.

1 -2 -3 -4 -5 -6 -7 -8 -9 -10 -11 -12 -13 -14 -15 -16 -17 -18 -19 -20 -21 -22 -23 -24 -25 -26 -27 -28 -29 -30 -31 -32 -33 -34 -35 -36 -37 -38 -39 -40 -41 -42 -43 -44 -45 -46 -47 -48 -49 -50 -51 -52 -53 -54 -55 -56 -57 -58 -59 -60 -
Praza do Concello s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galiza - Tfno. 981 492 773 - Fax 981 492 772 Nota Legal
Actualidade Novas Axenda Podcast
Participa Fai Novas Enquisas Foros