Publicidade Radiofusion
Praza do Concello s/n 15500 Fene (A Coruña) Galiza Tfno. 981 492 773 - Fax 981 492 772
Fai de Radiofusión a túa páxina de inicioRSS   BOLETÍN   CONTACTO
http://www.wikio.es
Envíar a Chuza

Radiofusión: A programación das Radios Municipais Galegas

Hoxe é Mércores 18 de Xullo de 2018

Emisoras > Radio Arzúa

Información da emisora Novas da emisora

Os vigueses Belop gañaron o concurso Queixo Maquetón 2010

Nen a crise nen o mal tempo puideron co Queixo de Arzúa

Sociedade 08/03/2010
  Envía a túa opinión

Nen a crise nen o mal tempo puido coa Festa do Queixo de Arzúa. A vila veuse colapsada pola afluencia de vehiculos e visitantes a mediodia do domingo. A conselleira de Traballo Beatriz Mato foi unha das persoalidades que pasou por Arzúa. Desde o venres ata o domingo, numerosos visitantes se achegaron para gozar, coa música, as actividades e adquirir as diferentes variedades de queixos postos á venda no recinto feiral. Os empresarios amosáronse moi satisfeitos coas vendas, segundo aseguran fontes municipais.


Imaxe da representación da obra

“O xogo de Yalta. Afterplay” centra o programa cultural desta fin de semana en Compostela

Cultura 05/03/2010
  Envía a túa opinión

O xogo de Yalta. Afterplay, a última produción de Teatro do Atlántico represéntase esta fin de semana no Salón Teatro de Santiago. Unha obra que reúne nun único espectáculo dúas pezas do dramaturgo irlandés Brian Friel e coa que a compañía galega celebra os seus 25 anos de traxectoria artística. Con dirección escénica de Xúlio Lago, o cuarteto interpretativo que compoñen Victoria Pérez, Damián Contreras, Gonzalo M. Uriarte e María Barcala ofrecerá funcións desta montaxe hoxe venres e mañá sábado ás oito e media do serán e o domingo ás seis da tarde. 


O parque empresarial de Arzúa disporá do servizo de internet de banda larga desde o martes

Sociedade 26/02/2010
  Envía a túa opinión

A partir do día 2 de marzo de 2010, a infraestrutura instalada no parque empresarial de Arzúa para dotar ao recinto do servizo de acceso á Internet de banda larga sen fíos pasa a estar operativa. A partir desa data os empresarios poderán contratar o servizo de telecomunicacións de banda larga, teléfono e internet, coa empresa adxudicataria R Cable e Telecomunicacións de Galicia S.A.



A Festa do Queixo de Arzúa celebra “online” os seus 35 anos

Cultura 26/02/2010
  Envía a túa opinión

A Festa do Queixo de Arzúa cumpre 35 anos e farao innovando, segundo o rexedor arzuán Xaquín García, xa que “é unha constante a que ano tras ano se dedica especial atención”. Con este fin, creouse unha nova identidade do evento cun identificador institucional propio para amosar dun xeito visual e homoxéneo os seus valores. A promoción desta cita gastronómica e cultural través da rede e das novas tecnoloxías, é outra das novidades deste ano, para o que se desenvolveu a nova web www.festadoqueixo.org, que servirá de promoción permanente. Paralelamente, creouse o blog festadoqueixo.blogspot.com para o seguimento diario do evento, perfís en Facebook e Twitter, e o emprego de soportes de comunicación online e das novas ferramentas sociais na web 2.0 para potenciar a presenza do queixo nas redes sociais.




Arzúa solicita á Xunta de Galicia a ampliación do polígono industrial

Institucional 24/02/2010
  Envía a túa opinión

Arzúa dispón no seu parque empresarial de tan só dúas parcelas libres, que representan un total de 5.500 metros cadrados, esta circunstancia motivou o encontro que no día de onte mantivo o Alcalde de Arzúa, Xaquín García, co Director do Instituto Galego de Vivenda e Solo, José Boné, coa finalidade de evitar que en pouco tempo poida darse a circunstancia de que o Concello non dispoña de solo industrial que ofrecer aos empresarios interesados en asentar os seus negocios na zona. Xaquín García solicitou ao Director do IGVS unha ampliación do parque empresarial para evitar que a falta de solo non free as perspectivas de crecemento industrial de Arzúa.


1 -2 -3 -4 -5 -6 -7 -8 -9 -10 -11 -12 -13 -14 -15 -16 -17 -18 -19 -20 -21 -22 -23 -24 -25 -26 -27 -28 -29 -30 -31 -32 -33 -34 -35 -36 -37 -38 -39 -40 -41 -42 -43 -44 -45 -46 -47 -48 -49 -50 -51 -52 -53 -54 -55 -56 -57 -58 -59 -
Praza do Concello s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galiza - Tfno. 981 492 773 - Fax 981 492 772 Nota Legal
Actualidade Novas Axenda Podcast
Participa Fai Novas Enquisas Foros