Envía a túa opinión
Un escritor ruso, Dostoievski, foi o elexido para protagonizar as X Xornadas Literarias organizadas anualmente pola Biblioteca de Neda e a Facultade de Humanidades do campus ferrolán. Esta semana iniciaronse as xuntanzas preparatorias das Xornadas que se celebrarán o 21 e 22 do mes de Abril de 2011.
Envía a túa opinión
A Policía Local de Ferrol vén de sumarse á Campaña Especial de Control de Transporte Escolar e Menores posta en marcha pola Dirección Xeral de Tráfico do Ministerio de Interior. Unha campaña a través da cal se intensificará a vixianza e os dispositivos de control sobre as condicións de seguridade no transporte escolar e de menores. Así, os axentes reforzarán estes días, e ata o próximo domingo, 24 de outubro, os controis habituais.
Envía a túa opinión
A concellería de Medio Ambiente e Servizos de Ferrol abre mañá o prazo de presentación de solicitudes para participar no programa de compostaxe caseira. Por primeira vez o concello ferrolán pon en marcha esta plan conxuntamente coa mancomunidade de concellos da comarca que contan cun orzamento que ronda os 20 mil euros. Ofertaranse 48 composteiros e só se esixe contar cun pequeño horto na casa. As inscripcións formalizaranse no rexistro municipal e os contedores repartiranse por estricta orde de solicitude ata esgotar a cantidade.
Envía a túa opinión
Seis persoas resultaron feridas en Ferrol tras producirse un rebentón nunha tubaxe de auga nas obras de saneamento que se levan a cabo na estrada de Castela. O sinistro tivo lugar ao once da mañá durante unha proba de presión na traída da auga. O concelleiro de Urbanismo Angel Mato atribuiu o accidente a un erro humano. Os feridos son catro operarios e dous clientes dun bar próximo, o Monterrey.
Envía a túa opinión
A oficina de farmacia de José Luis Alcorta Picavea en San Valentín (Avenida do Mar, 18.San Valentín. Fene. A Coruña. Teléfono 981 342452) permanece en servizo de garda esta semana, atendendo as urxencias as 24 horas do dia. O venres ás 9,30 da mañá collerá a testemuña a farmacia de Sillobre, na rúa doutor Sixto Mauríz.