Envía a túa opinión
O concello de Fene pon en marcha Seminarios de educación dixital dirixidos a mocidade e ás familias. Os seminarios están enmarcados no Plan de prevención de drogodependencias, que coordina a pedagoga municipal, Mª Xosé Paz. A actividade aborda a problemática da educación dixital de forma específica ofrecendo unha formación que ten que ver máis con aspectos sociais que tecnolóxicos.
Envía a túa opinión
Ferrol conmemora o Día Internacional para a Erradicación da Pobreza mañán martes 19 de outubro cun amplo programa de actividades que se celebrarán na Casa Solidaria, ubicada na rúa Velázquez, e en varios centros educativos da cidade. Paralelamente convoca un concurso fotográfico baixo o mesmo lema.
7 comentario/s - Envía a túa opinión
O BNG de Ferrol vén de solicitar a celebración dun pleno extraordinario da Corporación para debater a situación da comarca ante a aprobación do decreto do carbón. Os nacionalistas demandan que, tras esta xuntanza, o Concello de Ferrol se adhira á Plataforma contra o Decreto do Carbón e apoie á mobilización cidadá convocada para este domingo, baixo o lema “Polo dereito a producir, polo dereito a traballar na nosa terra”.
Envía a túa opinión
O baixo eléctrico e o contrabaixo cumpren a mesma función como instrumentos de cordas. Pero o tamaño, técnica, complexidade e o son provocan que sexan mundos diferentes. Opina así Juan Tinaquero, músico do BellónMaceiras Quinteto, Bluesmakers e do trío Carlos Childe. Tamén exerce como profesor de baixo eléctrico na Escola BellónMaceiras de Perlío.
1 comentario/s - Envía a túa opinión
Un francotirador da memoria, un guerrilleiro da historiografía e un militante da verdade. De calquera deses xeitos se pode definir a Bernardo Máiz Vázquez, historiador e profesor, que onte recibiu nun emotivo acto en Santiago de Compostela o I Premio Manuel Murguía ao mérito historiográfico do 2010, concedido pola Asociación Galega de Historiadores. Ao xantar asistiron máis de 120 persoas relacionadas coa investigación histórica e coa cultura de Galicia.