Envía a túa opinión
Un paseo en veleiro, visitas guíadas ao barrio da Magdalena ou aloxamentos especiais en casas de turismo rural. Son algunhas das ofertas “Paquetes turísticos. Tempo de lecer” que este mediodía se presentaron en Ferrol.
Envía a túa opinión
As súas paisaxes. O que ve e o que sinte. Unha representación emocional. Así e a obra de pintura cerámica de Mercedes Pico que se expón na Galería Sargadelos de Ferrol. Ela foi alumna de Francisco Pérez Porto na escola de cerámica do Concello de Ferrol. Para él só ten palabras de agradecemento pola súa paciencia ao ensinar.
Envía a túa opinión
Bota a andar a estación depuradora de augas residuais de Cariño. O proxecto comezou no ano 2005 e a súa actividade basearase en tratar as augas residuais dunha poboación que rolda os 8000 habitantes. A infraestrutura soportará un caudal de máis de 2000 metros cúbicos de residuos ó día.
Envía a túa opinión
Continúan as reaccións ó cambio de rumbo no accionariado de Reganosa. A semana pasada coñeciamos a vontade da Xunta xunto co grupo Tojeiro, de chegar ata o 54% do capital da regasificadora ó exercer o seu dereito de tanteo, polo que poderiamos dicir que se mantén a galeguidade da empresa e se evita así que o capital da mesma pase a mans extranxeiras, tal como se indicou no momento en que Caixa Nova, Caixa Galicia, o Banco Pastor e Endesa decidiron poñer á venda as súas accións da planta de Mugardos, que pasarían a mans australianas.
Envía a túa opinión
As festas das Peras de Pontedeume comezan mañá martes. O árbitro Ignacio Iglesias Villanueva pronunciará o pregón a partir das oito da tarde. David Civera o mércores e as Cantareiras de Ardebullo o xoves, constituen dous dos numeros principais das Peras do 2010.