Publicidade Radiofusion
Praza do Concello s/n 15500 Fene (A Coruña) Galiza Tfno. 981 492 773 - Fax 981 492 772
Fai de Radiofusión a túa páxina de inicioRSS   BOLETÍN   CONTACTO
http://www.wikio.es
Envíar a Chuza

Radiofusión: A programación das Radios Municipais Galegas

Hoxe é Luns 23 de Abril de 2018

Emisoras > Radio Ordes

Información da emisora Novas da emisora

Salón no Museo Casa da Troia

Dona Generosa abre as portas da Casa da Troia

Cultura 01/04/2015
  Envía a túa opinión

O Museo Casa da Troia abre de novo as súas portas ao público durante a Semana Santa. Poderá visitarse ata o vindeiro 5 de abril. De martes a sábado, o horario é de 11:00 a 14:00 e de 16:00 a 20:00 horas; os venres permanecerá aberto ata as 22:00 horas e os domingos de 11:00 a 14:00 horas. Estará pechado, como é habitual, os domingos pola tarde e os luns durante todo o día. Os que se acheguen á Casa da Troia a primeira hora da mañá (11:00 h) terán a oportunidade de gozar dun percorrido dramatizado pola antiga pensión de estudantes. Dona Generosa revivirá para amosar a súa fonda aos visitantes.


Cartaz da campaña

“No amor non todo vale”

Sociedade 12/03/2015
  Envía a túa opinión

O pobo de Ordes activarase este sábado para concienciarnos de que ‘No amor non todo vale’. A campaña de sensibilización contra a violencia machista e a prol da igualdade terá lugar  no pavillón Campomaior. Educadores, familiares e rapazada poderán participar de espectáculos musicais, monólogos, monicreques e moito máis. Baixo o lema ‘No amor non todo vale’ o pavillón Campomaior acollerá este vindeiro sábado 14 unha xornada de sensibilización contra a violencia machista e a prol da igualdade de xénero.


Cesáreo Sánchez Iglesias

Premian ao Colexio de Xornalistas e á Asociación de Medios en Galego

Cultura 15/02/2015
  Envía a túa opinión

A Asociación de Escritores en Lingua Galega (AELG) recoñecerá co Premio AELG 2015 'Institucións' o labor do Colexio de Xornalistas de Galicia e da Asociación de Medios en Galego en defensa do uso do galego nos medios de comunicación nun momento de "especial dificultade" para este idioma.    "Creo que é un clamor a necesidade de que existan medios en galego e que se amplíe o espazo que este ten naqueles que non están nesta lingua", asegurou o presidente da entidade Cesáreo Sánchez, tras a celebración da Asemblea Xeral Anual da asociación.


Antonio Maroño foi o interlocutor cos grupos parlamentarios

Aportacións do COAG á Lei do Solo de Galicia

Sociedade 29/01/2015
  Envía a túa opinión

O Colexio de Arquitectos de Galicia presentou esta semana, as súas alegacións ao Anteproxecto da Lei do Solo de Galicia a todos os grupos políticos con representación no Parlamento de Galicia (Grupo Mixto, Partido Popular, AGE, BNG e PSOE), unhas suxerencias baseadas no seu coñecemento e experiencia como profesionais do urbanismo.Desde a publicación o pasado 13 de outubro do Anteproxecto da Lei do Solo de Galicia, o Colexio de Arquitectos iniciou un proceso de información en Xuntas de Delegación, recollida de iniciativas dos colexiados, debate nas delegacións e traballo para elaborar un documento de suxestións ao texto.


Momento da presentación na Casa Cultural de Xanceda

Sáe do prelo “A República da Berxa”

Sociedade 13/01/2015
  Envía a túa opinión

O historiador Manuel Pazos presenta o seu último libro ‘A República da Berxa’. A Mancomunidade de Ordes patrocina este traballo no que se narra a historia de Antonio Gómez Carneiro, alcalde de Mesía durante a Segunda República e importante empresario da comarca. ‘A República da Berxa’ está editada pola Asociación Cultural Obradoiro da Historia e patrocinada pola Mancomunidade de Municipios da Comarca de Ordes. Na súa realización o autor tamén contou coa colaboración dos concellos de Mesía, Oroso e as asociacións culturais mesienses Amigos da Capela da Nosa Señora de Arxán e Bieito Fandiño.

1 -2 -3 -4 -5 -6 -7 -8 -9 -10 -11 -12 -13 -14 -15 -16 -17 -18 -19 -20 -21 -22 -23 -24 -25 -26 -27 -28 -29 -30 -31 -32 -33 -34 -35 -36 -37 -38 -39 -40 -41 -42 -43 -44 -45 -46 -47 -48 -49 -50 -51 -52 -53 -54 -55 -56 -57 -58 -59 -60 -61 -62 -63 -64 -65 -66 -67 -68 -69 -70 -71 -72 -73 -74 -
Praza do Concello s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galiza - Tfno. 981 492 773 - Fax 981 492 772 Nota Legal
Actualidade Novas Axenda Podcast
Participa Fai Novas Enquisas Foros