Publicidade Radiofusion
Praza do Concello s/n 15500 Fene (A Coruña) Galiza Tfno. 981 492 773 - Fax 981 492 772
Fai de Radiofusión a túa páxina de inicioRSS   BOLETÍN   CONTACTO
http://www.wikio.es
Envíar a Chuza

Radiofusión: A programación das Radios Municipais Galegas

Hoxe é Sábado 21 de Abril de 2018

Emisoras > Lugo

Información da emisora Novas da emisora

María Xosé Silvar Sés en Radiofusión. 2011

Sés pechará o programa de Rosalía, sempre viva

Sociedade 20/02/2016
  Envía a túa opinión

A obra de Rosalía de Castro centra un amplo programa de actividades impulsado pola Deputación de Lugo arredor da data do vintecatro de febreiro. Conmemorase así o nacemento desta escritora fundamental das nosas letras.


Becerreá

Crime de violencia machista en Lugo

Sociedade 11/02/2016
  Envía a túa opinión

Un home asesinou á súa parella esta tarde en Becerreá. Despois de cometer o crime, confesou e entregouse á Garda Civil xuntamente co tenente de alcalde da localidade, con quen acudía frecuentemente de caza. Non había denuncias previas contra o agresor.


O poeta chairego finou na Coruña o oito de setembro de dous mil catro

O ano de Manuel María

Cultura 02/01/2016
  Envía a túa opinión

A Real Academia Galega escolleu a Manuel María, para adicarlle o Dia das Letras Galegas do 2016. Os versos do poeta, na defensa do país, da terra, da súa fala, son tan actuais hoxe como o eran no pasado recente. Velaí un síntoma de que a súa obra retrataba de maneira fiel a esencia de Galicia e de que as súas palabras falaban por boca de moitos galegos e galegas. 


Marcos Maceira preside a Mesa pola Normalización Lingüística

Catro de cada dez nenos non escoitan galego na escola

Sociedade 27/11/2015
  Envía a túa opinión

O idioma galego trátase como unha lingua estranxeira en moitas escolas de Galicia. Denúnciao así a Mesa pola Normalización Lingüística salientando que o 40% dos centros de ensino infantil (3-6 anos) declaran abertamente non utilizaren nunca o galego. Fronte a isto, o 88% das escolas imparten materias en lingua inglesa.


Camiño Noia é tamén autora do Catálogo tipolóxico do conto galego (2010)

A frustración amorosa do poeta Álvaro Cunqueiro

Sociedade 09/10/2015
  Envía a túa opinión

O primeiro poema de Álvaro Cunqueiro aparece na revista Aturuxo de Ferrol en 1952. O éxito do escritor de Mondoñedo como narrador, empeceu a difusión e a valoración da súa poesía. A poesía de Cunqueiro fala da súa experiencia, desde o punto de vista do ser humano. Era consciente da caducidade da poesía de denuncia. Os grandes poetas falan de si mesmos, dende o punto de vista do ser humano, segundo a catedrática de Filoloxía Galega na Universidade de Vigo Camiño Noia, autora da selección, introdución e comentarios do libro "Trinta poemas".

1 -2 -3 -4 -5 -6 -7 -8 -9 -10 -11 -12 -13 -14 -15 -16 -17 -18 -19 -20 -21 -22 -23 -24 -25 -26 -27 -28 -29 -30 -31 -32 -33 -34 -35 -36 -37 -38 -39 -40 -41 -42 -43 -44 -45 -46 -47 -48 -49 -50 -51 -52 -53 -54 -55 -56 -57 -58 -59 -60 -61 -62 -63 -64 -65 -66 -67 -68 -69 -70 -71 -72 -73 -74 -75 -76 -77 -78 -79 -80 -81 -82 -83 -84 -85 -86 -87 -88 -89 -90 -91 -92 -93 -94 -95 -96 -97 -98 -99 -100 -101 -102 -103 -104 -105 -106 -107 -108 -109 -110 -111 -112 -113 -114 -115 -116 -117 -118 -119 -120 -121 -122 -123 -124 -125 -126 -127 -128 -129 -130 -131 -132 -133 -134 -135 -136 -137 -138 -139 -140 -141 -142 -143 -144 -145 -146 -147 -148 -149 -150 -151 -152 -153 -154 -155 -156 -157 -158 -159 -160 -161 -162 -163 -164 -165 -166 -167 -168 -169 -170 -171 -172 -173 -174 -175 -176 -177 -178 -179 -180 -181 -182 -
Praza do Concello s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galiza - Tfno. 981 492 773 - Fax 981 492 772 Nota Legal
Actualidade Novas Axenda Podcast
Participa Fai Novas Enquisas Foros