Publicidade Radiofusión
Praza do Concello s/n 15500 Fene (A Coruña) Galiza Tfno. 981 492 773 - Fax 981 492 772
Fai de Radiofusión a túa páxina de inicioRSS   BOLETÍN   CONTACTO
http://www.wikio.es
Envíar a Chuza

Radiofusión: A programación das Radios Municipais Galegas

Hoxe é Mércores 17 de Xaneiro de 2018

Emisoras > Radio Eume

Información da emisora Novas da emisora

Puxigo de As Pontes, un mesón entre os bós restaurantes

Sociedade 03/10/2015
  Envía a túa opinión

A Zarrota, Lourizán, Poupariña. Son asociacións micolóxicas, de longa tradición e traxectoria, pero no caso de As Pontes existe un espazo que vai intimamente ligado á micoloxía, é O Puxigo, taberna, mesón, restaurante. Xosé Guerreiro e Anxos son mediadores entre a asociación micolóxica e o lume da cociña.


Tenda de agasallos para nenos e nenas

A Xunta de Galicia aumenta a subvención aos colexios privados

Sociedade 17/08/2015
  Envía a túa opinión

A Xunta ven de ampliar o número de unidades concertadas cos colexios privados da comunidade. As modificacións afectan a Educación Primaria e máis ao 2º curso da FP básica. Aumentan un total de vintecinco unidades nos diferentes niveis  educativos. Entre eles figura un colexio que segrega por sexo.


Multitudinaria romaría da Fraga

A Romaría da Fraga vai cos tempos

Sociedade 24/07/2015
  Envía a túa opinión

O concello coruñés de As Pontes celebra as festas da Fraga que rematan mañá coa afamada Romería do mesmo nome, catalogada de Interése Turístico de Galicia. A festa vaise reinventando dende que naceu no ano 1904, noutro emprazamento. A construcción da central térmica desprazouna para a fraga de Dona Rita. A concelleira de Cultura das Pontes, Sonia Sueiro, falounos da tradición e da modernidade que encerra a multitudinaria cita do 25 de xullo na localidade.


Muiños de vento

Foise co vento: As consecuencias e responsabilidades da suspensión do concurso eólico

Sociedade 29/06/2015
  Envía a túa opinión

As empresas perxudicadas pola suspension do concurso eólico de 2009 poderían presentar nas vindeiras semanas as súas reclamacións contra a Xunta de Galicia. Se iso é así, as arcas públicas deberían responder polo que o Tribunal Superior calificou de "desviación de poder" do goberno de Alberto Núñez Feijóo. O pasado 6 de maio o Tribunal Supremo ditou sentenza a respecto da anulación do concurso eólico do Goberno bipartito, ditaminada polo gabinete de Núñez no ano 2009.


Radio Eume. 2015

Bós dias As Pontes, aquí Radio Eume

Sociedade 30/05/2015
  Envía a túa opinión

As esquelas, as notas necrolóxicas configuran un dos espazos máis seguidos na programación diaria de Radio Eume. A cidadanía das Pontes tamén segue con atención o informativo local e o magazine.

1 -2 -3 -4 -5 -6 -7 -8 -9 -10 -11 -12 -13 -14 -15 -16 -17 -18 -19 -20 -21 -22 -23 -24 -25 -26 -27 -28 -29 -30 -31 -32 -33 -34 -35 -36 -37 -38 -39 -40 -41 -42 -43 -44 -45 -46 -47 -48 -49 -
Praza do Concello s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galiza - Tfno. 981 492 773 - Fax 981 492 772 Nota Legal
Actualidade Novas Axenda Podcast
Participa Fai Novas Enquisas Foros