Publicidade Radio Fene
Praza do Concello s/n 15500 Fene (A Coruña) Galiza Tfno. 981 492 773 - Fax 981 492 772
Fai de Radiofusión a túa páxina de inicioRSS   BOLETÍN   CONTACTO
http://www.wikio.es
Envíar a Chuza

Radiofusión: A programación das Radios Municipais Galegas

Hoxe é Domingo 22 de Xullo de 2018

Emisoras > Radio Allariz

Información da emisora Novas da emisora

Lume en Monterrei

Galicia arde

Sociedade 09/09/2016
  Envía a túa opinión

Continua activo o incendio de Entrimo en Ourense con 2.800 hectáreas afectadas, segundo informa a Xunta de Galicia. Permanece decretada a "Situación 2". O lume detectouse o martes ás seis da tarde e tamén afecta ao municipio de Lobios.


Concurso de cantos de disfraces de Trives

Cantos e disfraces en Trives

Sociedade 08/08/2016
  Envía a túa opinión

A asociación A Caniceira de Trives organiza o “Entroido de verán” desde o xoves ao domingo desta semana. O xoves haberá un concerto de dous grupos musicais pero venres ás oito e media da tarde empezará o Certame de Cantos de Taberna. Participarán oito grupos, cinco de Trives, un de Castro Caldelas e dous de Ourense. Todos concurren por amor á música e ofrecerán as súas composicións en trece locais de hostelería da localidade.


Candidatura de Son de Trives

De cando a democracia abandonou Trives

Sociedade 02/06/2016
  Envía a túa opinión

Son de Trives acusa ao alcalde da localidade Francisco José Fernández Blanco  (Agrupación Trivesa Independiente) de abandonar a democracia. "Vostede fala se eu o permito, e levanto a sesión cando me veña en gana" afirmou o rexedor,despois de negarlle o dereito de réplica ao concelleiro da oposición. Nas últimas eleccións municipais ATI logrou sete concelleiros por tres do PP e un de Son de Trives.


O conselleiro de Educación no CEIP O Ramo de Barallobre (Fene). 02-10-2015

Terá que ser o conselleiro de Educación o que pase unha reválida

Sociedade 25/05/2016
  Envía a túa opinión

A Plataforma Galega en Defensa do Ensino Público fixou nun 82% no conxunto da comunidade, o absentismo na avaliación de 3º de Primaria, que se iniciou onte e continúa hoxe nos colexios galegos. "É lixeiramente superior ao 80% alcanzado na reválida de 6º", expresaron desde a plataforma, na que se integran sindicatos, ANPAs e asociacións estudantís que están en contra das reválidas e da Lomce.


Vinte mil persoas participaron na manifestación de Queremos Galego. 17 de maio do 2016

Se buscas a Galicia, en tí tes que atopala

Sociedade 17/05/2016
  Envía a túa opinión

"A Xunta de Galicia non promociona o idioma galego". "A mocidade cada vez fala menos galego porque é moita a presión social en contra da nosa lingua". "Se se perde o galego, perde a cultura universal". Foron frases pronunciadas esta mañá por algúns dos milleiros de manifestantes que percorreron as rúas de Santiago de Compostela secundando o chamamento de Queremos Galego. Son verdades como puños, como sabe todo o mundo en Galicia. 

1 -2 -3 -4 -5 -6 -7 -8 -9 -10 -11 -12 -13 -14 -15 -16 -17 -18 -19 -20 -21 -22 -23 -24 -25 -26 -27 -28 -29 -30 -31 -32 -33 -34 -35 -36 -37 -38 -39 -40 -41 -42 -43 -44 -45 -46 -47 -48 -49 -50 -51 -52 -53 -54 -55 -56 -57 -58 -59 -60 -61 -62 -63 -64 -65 -66 -67 -68 -69 -70 -71 -72 -73 -74 -75 -76 -77 -78 -79 -80 -81 -82 -
Praza do Concello s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galiza - Tfno. 981 492 773 - Fax 981 492 772 Nota Legal
Actualidade Novas Axenda Podcast
Participa Fai Novas Enquisas Foros