Publicidade Radiofusión
Praza do Concello s/n 15500 Fene (A Coruña) Galiza Tfno. 981 492 773 - Fax 981 492 772
Fai de Radiofusión a túa páxina de inicioRSS   BOLETÍN   CONTACTO
http://www.wikio.es
Envíar a Chuza

Radiofusión: A programación das Radios Municipais Galegas

Hoxe é Sábado 20 de Xaneiro de 2018

Emisoras > Radio Negreira

Información da emisora Novas da emisora

Os altos cargos da Xunta á súa chegada aos xulgados

O xuiz de instrución número 3 de Santiago decide se continua a investigación do caso da hepatite C

Sociedade 29/04/2016
  Envía a túa opinión

O xuiz titular do xulgado de instrución número 3 de Santiago de Compostela Andrés Lago terá que decidir se arquiva o caso ou continua coa investigación polos retrasos na administración de tratamentos contra a hepatite C. Declararon onte ante o xulgado os dous altos cargos da Xunta investigados. “Realizase a nosa investigación para salvagardar o sistema público de saude e queremos que se comprobe a legalidade dos procedementos” asegurou a fiscalía.


Movilización de afectados pola hepatite C

Houbo persoas que morreron agardando ata dez meses, afirman os afectados pola hepatite C

Sociedade 21/04/2016
  Envía a túa opinión

“Houbo persoas que morreron agardando ata dez meses a que lle fose autorizado un tratamento prescrito polo médico” salienta o portavoz da Plataforma de Afectados pola Hepatite C Quique Costas. A querela contra a Xunta de Galicia recolle oito casos concretos de pacientes que faleceron tras recibir o tratamento con meses de espera.


Manifestación en Santiago de Compostela. 13 de abril do 2016

O estudantado pide na rúa a derrogación inmediata das leis educativas do PP

Sociedade 13/04/2016
  Envía a túa opinión

"Estamos a ver as facultades totalmente baleiras, sen persoas tentando entrar", salientaba dende Compostela antes das dez da mañá Iria Figueroa, a responsable de organización do sindicato estudantil galego Erguer, convocante xunto co Sindicato de Estudantes dunha xornada de folga no ensino. "Está a ser un éxito absoluto", explicaba antes do comezo das concentraciós e manifestacións contra a LOMCE e o Decreto 3+2 no ensino universitario que Erguer programou en 18 localidades galegas. "Hai que presionar ás forzas políticas españolas para que sexa unha completa derrogación o que se produza", salienta Figueroa, logo de que o Congreso dos Deputados, aproveitando a nova correlación de forzas parlamentarias, tramitase hai uns días a paralización provisional da chamada Lei Wert.


Cartaz anunciador da desaparición de Brais Bogo Graña

A familia confirma a identidade do corpo atopado no río Sar

Sociedade 30/03/2016
  Envía a túa opinión

O corpo atopado na noite do martes no rio Sar, en Santiago de Compostela, é do xove ferrolán Brais Bogo, desaparecido desde o pasado dezaoito de maio, segundo confirmou o seu irmán Iago, nunha mensaxe do grupo #BuscamosaBrais na rede social Facebook.


A obra estreouse con éxito en Coimbra

A companhía portuguesa A Escola da noite trae a Santiago “A canoa”

Sociedade 22/01/2016
  Envía a túa opinión

A companhia portuguesa A Escola da Noite apresenta no próximo dia 28 de Janeiro, no Salón Teatro, em Santiago de Compostela, o espectáculo “A Piragua” (“A Canoa”, em Português), de Cándido Pazó. É a mais recente produção do grupo de Coimbra e foi dirigida pelo próprio autor. Os galegos Afonso Castro (iluminação) e Manuel Riveiro Hermo (música) fazem igualmente parte da equipa artística do espectáculo. “A Piragua” foi escrita e apresentada pela primeira vez em Santiago de Compostela em 2007, numa produção do Centro Dramático Galego.

1 -2 -3 -4 -5 -6 -7 -8 -9 -10 -11 -12 -13 -14 -15 -16 -17 -18 -19 -20 -21 -22 -23 -24 -25 -26 -27 -28 -29 -30 -31 -32 -33 -34 -35 -36 -37 -38 -39 -40 -41 -42 -43 -44 -45 -46 -
Praza do Concello s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galiza - Tfno. 981 492 773 - Fax 981 492 772 Nota Legal
Actualidade Novas Axenda Podcast
Participa Fai Novas Enquisas Foros