Publicidade Radiofusion
Praza do Concello s/n 15500 Fene (A Coruña) Galiza Tfno. 981 492 773 - Fax 981 492 772
Fai de Radiofusión a túa páxina de inicioRSS   BOLETÍN   CONTACTO
http://www.wikio.es
Envíar a Chuza

Radiofusión: A programación das Radios Municipais Galegas

Hoxe é Domingo 22 de Abril de 2018

Emisoras > Radio Neria

Información da emisora Novas da emisora

Busto a Castelao en Rianxo

Castelao, onte e hoxe

Sociedade 06/01/2016
  Envía a túa opinión

Castelao foi o persoeiro político máis relevante do século vinte en Galiza. Ademais de ser un dos piares fundamentais do Partido Galeguista, logrou destacar en facetas tan dispares como o humor gráfico, a literatura, o teatro e a etnografía. Mañá cúmprense sesenta e seis anos da súa morte. Entre a súa pegada na vida cotian, podemos destacar "A Rianxeira", canción composta especialmente para recibir a Castelao en Bós Aires en 1947.


Campamento do cerco diante da Xunta de Galicia en Santiago de Compostela

O cerco continua co campamento diante da Xunta de Galicia

Sociedade 28/12/2015
  Envía a túa opinión

Os mariñeiros do cerco cumpren xa dous meses co seu campamento reivindicativo ante a Xunta de Galicia. Reclaman que se cambie a actual repartición de cotas, baseado en criterios históricos, por outro máis xusto. Así o confirmou un portavoz de Acerga, a asociación maioritaria do cerco galego. Os mariñeiros pasaron a Noiteboa e o Nadal xunto cos seus fillos e familiares. Esperan que o goberno autónomo concrete as novas cotas para os barcos.


Costa de Burela

A frota do cerco continua amarrada

Sociedade 26/10/2015
  Envía a túa opinión

A frota do cerco de Galicia segue amarrada esta semana. Os mariñeiros continuan tamén coa súa acampada diante dos edificios da Xunta de Galicia en Santiago de Compostela. Non lles enche a proposta gubernamental de cambiar a cota de xarda pola de xurelo.


Fernando Patricio, da asociación Naufraxios Galegos

Os chaleques salvavidas e o naufraxio do Serpent

Sociedade 22/10/2015
  Envía a túa opinión

Un temporal moi forte de Suroeste, con ventos de noventa quilómetros por hora e ondas de nove metros, crearon dificiles condicións de navegabilidade na zona do cabo Vilán en Camariñas. O Serpent, buque da Armada británica, embarranca na punta do Boi na noite do 10 de novembro de 1890. Somentes tres persoas sobreviven dunha tripulación formada por cento setenta e seis mariñeiros. Dous deles facían a garda en cuberta. Outro estaba no catre pero ao recibir a alerta pon un dos escasos chaleques salvavidas cos que contaba o barco.


O castelo de Vimianzo tinguiráse de verde este sábado

A Xunta de Galicia recibe á asociación Monte Pindo parque natural

Sociedade 16/10/2015
  Envía a túa opinión

A Xunta de Galicia recibirá a vindeira semana a unha representación da Asociación Monte Pindo Parque Natural. Fontes do goberno autónomo confirmaron esa cita esta mesma mañá a directivos da entidade. Precisamente, este sábado 17 terá lugar o 5º Aniversario da Asociación Monte Pindo Parque Natural. Un completo programa con subida á moa, poesía, e unha merecida homenaxe a un persoeiro tan singular como o Olimpo Celta.

1 -2 -3 -4 -5 -6 -7 -8 -9 -10 -11 -12 -13 -14 -15 -16 -17 -18 -19 -20 -21 -22 -23 -24 -25 -26 -27 -28 -29 -30 -31 -32 -33 -34 -35 -36 -37 -38 -39 -40 -41 -42 -43 -44 -45 -46 -47 -48 -49 -50 -51 -52 -53 -54 -55 -56 -57 -58 -59 -60 -
Praza do Concello s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galiza - Tfno. 981 492 773 - Fax 981 492 772 Nota Legal
Actualidade Novas Axenda Podcast
Participa Fai Novas Enquisas Foros