Publicidade Radiofusión
Praza do Concello s/n 15500 Fene (A Coruña) Galiza Tfno. 981 492 773 - Fax 981 492 772
Fai de Radiofusión a túa páxina de inicioRSS   BOLETÍN   CONTACTO
http://www.wikio.es
Envíar a Chuza

Radiofusión: A programación das Radios Municipais Galegas

Hoxe é Mércores 17 de Xaneiro de 2018

Emisoras > Radio Culleredo

Información da emisora Novas da emisora

Parque Pasatempo de Betanzos

A memoria galega e a fotografía no Día Mundial dos Arquivos

Sociedade 09/06/2016
  Envía a túa opinión

O Arquivo da Deputación da Coruña súmase hoxe, 9 de xuño, aos actos de conmemoración do Día Internacional dos Arquivos coa inauguración dunha exposición virtual da colección de fotografías e postais de Manuel Puga Pequeño. O Arquivo da Deputación constitúese ao mesmo tempo que a propia institución, en 1822. En 1888 produciuse o nomeamento de Bernardo Barreiro Vázquez como arquiveiro-bibliotecario, que sería substituído por Manuel Murguía en 1909.


Autobús das Irmandades da Fala

O autobús das Irmandades da Fala bota a andar

Sociedade 20/05/2016
  Envía a túa opinión

“Hai bravas, hai soños, hai ganas, hai pobo, hai todo... iFala”, é o retrouso da canción que se sente dentro do autobús iFala que achega ao público desde hoxe o legado das Irmandades da Fala con linguaxe e medios novos. Ora Galega e a área de Cultura da Deputación da Coruña impulsan o proxecto.


“Labrego con algo de poeta” edítao Galaxia

Mercedes Queixas: “Manuel María foi sempre quen de vivir no amor á lingua sen ningún tipo de complexos”

Cultura 16/05/2016
  Envía a túa opinión

“Admiro á persoa, a firmeza, o amor sincero por todo o que significa o país”, explica Mercedes Queixas, autora de “Labrego con algo de poeta. Biografía de Manuel María”, o volume da Editorial Galaxia que reconstrúe o “poliedro” do homenaxeado no Día das Letras Galegas. A escritora enxalza os valores que o chairego de Outeiro de Rei defendeu “con total firmeza e naturalidade, sen ningún tipo de complexos, primando sempre a autoestima e compartíndoa co pobo”. A admiración pola persoa non mingua a devoción de Queixas tamén polo Manuel María escritor: “Adoro o poeta, o escritor, ese camiñante que quixo coñecer ben a terra que o viu nacer”. Nestes días propicios para recuperar os seus versos, a biógrafa do muiñeiro de brétemas destaca que “ler a Manuel María é reconstruír todo ese amor que nos legou a través dun traballo incansábel”.


Concentración diante da oficina central do Banco de Santander na Coruña

Beneficios, salarios millonarios e despidos no Banco de Santander

Sociedade 28/04/2016
  Envía a túa opinión

O Banco de Santander obtivo no pasado ano 2015 uns beneficios de 5.966 millóns de euros. A súa cúpula -unhas 24 persoas- contan con salarios que superan os 250.000 euros mensuais de media. A pesar diso pretenden aplicar un expediente de despedimentos colectivo. En Galicia supoñería mandar para a casa a uns 68 traballadores e  pechar máis de 40 oficinas.


Daniel Romero no 2010 na mesma cela que ocupou en 1948

O garrote vil na prisión da Coruña

Sociedade 12/04/2016
  Envía a túa opinión

"Aquí aplicaban o garrote vil e nós, os presos, viamos o aparello desde as ventás da enfermería" relata Daniel Romero López, detido en 1948 acusado de colaborar coa guerrilla antifranquista. Pertencía ao Partido Comunista e compartiu cárcere na prisión provincial da Coruña con Gayoso e Julián, 2 militantes executados en novembro dese ano, despois de ser condenados en consello de guerra. A dictadura franquista aprobara en 1947 a "Ley de Bandidaje y Terrorismo" que sistematizaba a represión e daba cobertura legal a todo tipo de "guerra suxa" contra a guerrilla.

1 -2 -3 -4 -5 -6 -7 -8 -9 -10 -11 -12 -13 -14 -15 -16 -17 -18 -19 -20 -21 -22 -23 -24 -25 -26 -27 -28 -29 -30 -31 -32 -33 -34 -35 -36 -37 -38 -39 -40 -41 -42 -43 -44 -45 -46 -47 -48 -49 -50 -51 -52 -53 -54 -55 -56 -57 -58 -59 -60 -61 -62 -63 -64 -65 -66 -67 -68 -69 -70 -71 -72 -73 -74 -75 -76 -77 -78 -79 -80 -81 -82 -83 -84 -85 -86 -87 -88 -89 -90 -91 -92 -93 -94 -95 -96 -97 -98 -
Praza do Concello s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galiza - Tfno. 981 492 773 - Fax 981 492 772 Nota Legal
Actualidade Novas Axenda Podcast
Participa Fai Novas Enquisas Foros