Publicidade Radiofusion
Praza do Concello s/n 15500 Fene (A Coruña) Galiza Tfno. 981 492 773 - Fax 981 492 772
Fai de Radiofusión a túa páxina de inicioRSS   BOLETÍN   CONTACTO
http://www.wikio.es
Envíar a Chuza

Radiofusión: A programación das Radios Municipais Galegas

Hoxe é Mércores 18 de Xullo de 2018

Emisoras > Radio Ordes

Información da emisora Novas da emisora

O roteiro constaba de 15 qm de percorrido

Éxito dunha nova andaina polo roteiro do río Mercurín

Sociedade 23/08/2010
  Envía a túa opinión

O Concello de Ordes, a través do programa Voluntariado Verde, segue promocionando o seu cuarto bloque de actividades relativas a iniciativas relacionadas co sendeirismo e actividades na natureza a través da realización dunha nova andaina polo roteiro do río Mercurín que tivo lugar o pasado sábado. Durante a actividade, un grupo de persoas realizaron os 15 quilómetros de percorrido do roteiro, disfrutando á vez da fauna e flora características desta contorna.


Arde Galicia con lume forestal

Sociedade 20/08/2010
  Envía a túa opinión

Dicia así un fragmento dunha canción de Os Resentidos na década dos 80. Pero a cita podería tamén servir como titular dunha noticia neste mes de agosto. O pronóstico meteorolóxico augura unha fin de semana chea de calor e de altas temperaturas polo que a alerta será máxima ante o elevado risco de incendios.


Momento da inauguración

Inauguradas as obras do no parque Félix Rodríguez de la Fuente de Ordes

Sociedade 13/08/2010
  Envía a túa opinión

O goberno local do Concello de Ordes inaugurou hoxe as obras do parque Félix Rodríguez de la Fuente. Unhas obras, que tal e como explicaron dende o grupo de goberno, consistiron na renovación do peche, melloras no entorno, a colocación de novos xogos que substitúen aos anteriores e que están adaptados á normativa europea de seguridade, a adaptación dalgún dos existentes, así como a colocación de caucho no chan.


As pernas inconfundibles de Nucha e Mucha

O surrealismo enxebre de As Cantareiras de Ardebullo en Ordes

Sociedade 12/08/2010
 1 comentario/s - Envía a túa opinión

O Verán Cultural ordense segue pegando forte no município. Mañá venres día 13 de agosto, contará cunha das súas actuacións máis esperadas, a das “Cantareiras de Ardebullo”. Unha cita co humor galego que terá lugar na Alameda de Ordes a partir das 22 horas e que servirá de antesala para a celebración das festas patronais do municipio que darán comezo o sábado.


Rober Bodegas estrea o I Festival Malpica – Porto Alegre

Cultura 06/08/2010
  Envía a túa opinión

A dársena do porto de Malpica acolle a partir das oito desta tarde a primeira edición do Festival Malpica – Porto Alegre, organizado pola Asociación de Música Electrónica da comarca. A cita inaugurarase cunha gran sardiñada que dará paso ao monólogo de Rober Bodegas, para rematar cos concertos de formacións da zona de Bergantiños como son Lowcos, Killer Cats, Amenaza de Muerte e N.O.S.

1 -2 -3 -4 -5 -6 -7 -8 -9 -10 -11 -12 -13 -14 -15 -16 -17 -18 -19 -20 -21 -22 -23 -24 -25 -26 -27 -28 -29 -30 -31 -32 -33 -34 -35 -36 -37 -38 -39 -40 -41 -42 -43 -44 -45 -46 -47 -48 -49 -50 -51 -52 -53 -54 -55 -56 -57 -58 -59 -60 -61 -62 -63 -64 -65 -66 -67 -68 -69 -70 -71 -72 -73 -74 -
Praza do Concello s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galiza - Tfno. 981 492 773 - Fax 981 492 772 Nota Legal
Actualidade Novas Axenda Podcast
Participa Fai Novas Enquisas Foros